DÍA DA MÚSICA

Durante esta semana, aproveitando a celebración do día da música, convertémonos en distintas profesións relacionadas coa música. Comezando por musicólogos e musicólogas e pasando por profes de música, bailaríns, instrumentistas, compositores e ata periodistas musicais. E que mellor forma de coñecelas que meterse na súa pel!

 

Compartimos tamén o novo programa de RADIO ANTOLÍN que gravaron os nosos periodistas musicais sobre "The Beatles".