GRANDES MULLERES PROTAGONIZAN OS ÚLTIMOS PODCASTS DE RADIO ANTOLÍN

 Coñecendo grandes mulleres galegas conmemoramos o día 8 de Marzo en Radio Antolín.

A clase de 3º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Lucía Freitas.

 

  A clase de 1º e 2º coa axuda dos biblioaxudantes de 6º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Ana Peleteiro. 

 Na clase de 5º, elixiron a Susana Seivane, unha gran muller do mundo da música galega.