FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa abriou o prazo para presentar solicitudes de participación do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO  E MATERIAL ESCOLAR.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica   no formulario (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 Tamén se poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

O prazo para presentar solicitudes rematará o 22 de xuño de 2022.