GRANDES MULLERES PROTAGONIZAN OS ÚLTIMOS PODCASTS DE RADIO ANTOLÍN

 Coñecendo grandes mulleres galegas conmemoramos o día 8 de Marzo en Radio Antolín.

A clase de 3º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Lucía Freitas.

 

  A clase de 1º e 2º coa axuda dos biblioaxudantes de 6º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Ana Peleteiro. 

 Na clase de 5º, elixiron a Susana Seivane, unha gran muller do mundo da música galega.
 
 

COÑECEMOS EXIPTO COA CLASE DE INFANTIL

O alumnado de 5º e 6º de Infantil estivo coñecendo a vida no Antigo Exipto. Quixeron gravar este vídeo onde nos contan todo o que aprenderon!

 

E na seguinte foto, podedes ver todo o que traballaron!

FESTIVAL DE ENTROIDO

INFANTIL DE VIAXE EN EXIPTO

 

1º E 2º PRIMARIA DE VIAXE NA INDIA

 

 

3º PRIMARIA DE VIAXE EN ITALIA

 

4º PRIMARIA DE VIAXE EN ÁFRICA

 
 

5º PRIMARIA DE VIAXE EN HAWAI

 

 

6º PRIMARIA DE VIAXE EN FRANCIA

 

UN ENTROIDO VIAXEIRO CON ANTOLÍN AIRLINES

Este ano saímos de viaxe para dar a volta ao mundo coa nosa compañía "Antolín Airlines". Subimos con Infantil a alfombra para chegar a Exipto, bailamos "Jai Ho" con 1º e 2º, collemos a góndola en Venecia con 3º, adentrámonos no corazón de África con 4º, voamos a Hawai con 5º e rematamos o noso "Voyage Voyage" particular en Francia con 6º.

 

 

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe celebramos o Día Mundial da Radio facendo un programa moi especial. Se queredes saber quen son as protagonistas deste programa, dádelle ao play!

 

CONVERTÉMONOS EN COCIÑEIROS

O venres acompañounos a mamá de Martín, que respondeu a chamada da nosa mascota Antolín. Converteu ao nosos alumnos da clase de 3 anos en cociñeiros con mandil e goroo incluídos. Entre todos cortaron as froitas para preparar un riquísimo batido. Moitas grazas por compartir este ratiño con nós.

Distribuir contido