Blogues

POLCA DA PAZ

 

 

DENDE O CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ, COMPUXEMOS UNHA CANCIÓN E UN BAILE-XOGO PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ. ESTA ACTIVIDADE ESTÁ PENSADA PARA LEVARSE A CABO CO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E ED. PRIMARIA.

AQUÍ DEIXÁMOSVOS A LETRA DA CANCIÓN, A MÚSICA E UN VÍDEO DOS NENOS DO NOSO COLEXIO MOSTRANDO A NOSA PROPOSTA DE XOGO-BAILE PARA LEVALA A CABO.

 

CANCIÓN LETRA
XOGO-BAILE

HALLOWEEN-SAMAIN

O SAMAÍN NO OURAL

OS NENOS DE 4º DE E. PRIMARIA PREPARARON UN BAILE MOI CHULO PARA CELEBRAR O SAMAÍN.

FAI CLIC NO ENLACE PARA VELO.

 

BAILE THRILLER

MAGOSTO 2016

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS ACTIVIDADES QUE ELABORAMOS PARA CELEBRAR O DÍA DO MAGOSTO NO CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ.

SE QUEREDES AMPLIAR FACEDE CLIC NOS ENLACES.

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA

O DÍA 19 DE OUTUBRO É O DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA, ENFERMIDADE QUE AFECTA A TANTAS MULLERES NO MUNDO, O CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ, QUIXO FACER A SÚA APORTACIÓN CO SEGUINTE PROXECTO ELABORADO POLOS ALUMNOS/AS DO CENTRO, COORDINADOS POLA ALUMNA DE PRÁCTICAS NOELIA SÁNGIL. PERA VER O NOSO PROXECTO FAI CLIC NOS ENLACES.

 

 

LETRA CANCIÓN VERSIÓN PROFESOR
VERSIÓN  INSTRUMENTAL VERSIÓN NENOS/AS
DOCUMENTAL

 

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2016-2017

SE QUERES VER O CALENDARIO ESCOLAR 2016/2017 FAI CLIC NA IMAXE

COÑECENDO O BALONCESTO

XORNADAS DE BALONCESTO 2016

O mércores 13 de abril de 2016, realizamos no centro unhas xornadas de iniciación ao Baloncesto aos alumnos e alumnas do CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ DE OURAL, por parte do C.B. SARRIA. Se queres ver o vídeo da xornada fai clic na imaxe.

TRABALLANDO COS DEREITOS HUMANOS CURSO 2015-2016

TRABALLANDO COS DEREITOS HUMANOS 2015-2016

OS NENOS E NENAS DE CUARTO DE PRIMARIA QUEREMOS REFLEXIONAR SOBRE OS DEREITOS HUMANOS.

PARA VER O VÍDEO QUE FIXEMOS FAI CLIC NO ENLACE.

OS DEREITOS HUMANOS

 

RAP DE MANUEL MARÍA

 SE QUERES ACCEDER AO RAP DE MANUEL MARÍA FAI CLIC NOS ENLACES.

 

 

Consta de 5 apartados:

1) Película e canción.

2) Letra canción word.

 

3), 4) e 5) Canción en formato mp3 para poder ser descargada e empregada por profes e alumnado de outros centros. Hai 3 versións da canción: Unha interpretada por un profe do cole, outra interpretada por alumn@s e profe en prácticas e unha terceira  instrumental para que poida ser cantada libremente por outros profes-alumn@s, ao seu xeito!

 

LETRAS GALEGAS 2016- MANUEL MARÍA

LETRAS GALEGAS 2016

 

 

Material didáctico elaborado polo profesorado do CEIP Antonio Fernández, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e na honra do escritor Manuel María. Consta de 3 partes principais:

1) Rap de Manuel María. Curtometraxe que mostra coma unha mestra comeza un traballo de investigación cos seus alumnos sobre Manuel María que... pasado un longo traballo,...remata na creación dunha canción sobre a vida e obra do escritor.

2) Recitado dunha serie de poemas de Manuel María.

 

3) Paquete de actividades Lim sobre Manuel María, adaptadas ás etapas de Ed. Infantil e Primaria.

 

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN

CURSO ACADÉMICO 2016-2017

 

Información

Orde do 12 de marzo de 2013 polo que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG) 

 

RESERVA DE PRAZA

  • Do 1 ao 15 de febreiro para os centros adscritos 

PUBLICACIÓN DE VACANTES PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

  • Antes do 1 de marzo 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DO NOVO ALUMNADO

  • DO 1 ao 29 de Marzo


Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013, "só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita proza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta a solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, antes do inicio do prazo de presenación de solicitudes de asmisión" (DOG nº 53, de 15.03.2013)

Anexo II: Forumularios de admisión (galego)

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

  • Antes do 25 de abril

PRAZO DE RECLAMACIÓN

  • Do 28 de abril ao 5 de maio

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

  • Antes do 15 de maio.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

  • Do 20 ao 30 de xuño

O alumnado matriculado nun centro ten garantida a súa permanencia ata a finalización das  ensinanzas.

Distribuir contido