DÍA DA ARTE

O 15 de ABRIL é o día Mundial da Arte, e nas últimas semanas estivemos traballando en distintas obras: en infantil, crearon obras primaverais; en 1º e 2º, recrearon unha obra de Romero Britto; en 3º e 4º, crearon o seu propio cómic imitando a Roy Lichtenstein; en 5º fixáronse en Laurel Burch; e en 6º elexiron a Pilar Montaner.Todas elas xa están expostas nas paredes do cole!

 

 
 
 
 

EASTER EGG HUNT

O alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tivo esta semana unha misión moi especial: buscar polo patio todos os ovos que aparecían na súa lista. Conseguiríano ou quedaría algún agochado polo patio?

 

SEMANA DA PRENSA E DA MULLER

Esta semana convertémonos en periodistas, e entrevistamos a mulleres moi vinculadas a vida diaria do cole.

 

O alumnado de 6º de E.Infantil realizou unha entrevista moi especial que gravou para Radio Antolín. Queredes saber a quen? Dádelle ao play.

 O alumnado de 6º de E Primaria entrevistou a persoa encargada de axudarnos a manter o cole limpo. Que lles contaría?
 
 

BROWN BEAR BROWN BEAR WHAT DO TOU SEE?

O alumnado de 6º de Educación Infantil estivo traballando o conto Brown Bear Brown Bear What do you see? nas clases de inglés. Velaquí o resultado do seu traballo!

ENTROIDO 2024 NO GRAN TEATRO OURALÍN

4º E 5º INFANTIL: A EIRUGA LARPEIRA

6º INFANTIL: O POLO PEPE

 

1ºE 2º PRIMARIA: MAIAS E WILLIS

 

3º E 4º PRIMARIA: OS MINIONS

 

 5º PRIMARIA: BARBIES AND KENS


  6º PRIMARIA: MARY POPPINS

DÍA DA PAZ

Este ano entre todo o profesorado e alumnado transformamos a trsiteza da guerra presente no Guernica de Picasso, na felicidade e na alegría da paz, convertendo o cadro nunha fonte de cores vivas e alegres.

Distribuir contido