MEANS OF TRANSPORT

Ola blogueir@s: 

   Agora que a partir da próxima semana -se todo vai como estaba previsto- xa nos poderemos mover con maior liberdade e coller o coche para trasladarnos dun lugar a outro, incluso fora da nosa provincia, imos aproveitar para falar dos Medios de Transporte.

   Pero isto farémolo, por suposto, en inglés e así iniciaremos esta serie con un medio acuático: o barco (BOAT); tres medios terrestres moi familiares para nos: a bici (BIKE), o xa mencionado coche (CAR) e o bus (BUS) e outros dous aéreos:  o avión (PLANE) e o globo (BALLOON), quizais menos usado na actualidade, aínda que non foi así no pasado...

    Fixádevos que este último escribese dunha forma curiosa para nós, xa que nos lembra outra palabra coa que se denomina en castelán e galego un obxecto ben distinto que usamos para xogar a diferentes deportes, o balón. Non debemos confundir ambas palabras a pesar da súa similitude na escritura. Ademais a pronunciación inglesa realmente sería "baluun"xa que a doble ele pronunciase coma unha soa ele e a doble o, como unha u longa /u:/. No caso da palabra BUS, nesta pronúnciase a u en inglés coma unhae na palabra BOAT, as súas vogais como se fose o diptongo ou. Por outra banda a i de BIKE lese como o diptongo ai e a letra de PLANE débese ler como o diptongo ei, e sen soar a e final.

  A continuación podedes atopar nos ficheiros adxuntos un arquivo con estes seis Means of Transport iniciais para pintar e recortar, acompañado doutros coas etiquetas dos nomes en inglés para realizar un poster sobre unha cartulina ou papel tamaño A3, no que iremos engadindo en sucesivas entregas novos medios tanto terrestres como acuáticos e aéreos.

Un saudo e ata a próxima entrega.

 

jcarlosp@edu.xunta.es

 

AnexoTamaño
splash_level_b_tex_words_08.pdf345.01 KB
Stickers.png28.98 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer