TIDY UP, TIDY UP...!!

Ola bloguei@as:

   Despois de sair de picnic a semana pasada, hoxe toca limpar e ordenar para variar... e así botar unha man na casa para que todo esté en orde e listo para revista...

   Deste xeito, a parte de atopar con maior facilidade os nosos xoguetes favoritos, tamén os nosos papás se sentirán orgullosos de ver a nosa habitación limpa e ordenada.

   E de paso, refrescaremos a memoria con algúns nomes en inglés que xa traballamos con anterioridade...

   Para todo isto, imos facer un jigsaw no que aparecen diferentes animal toys situados en varios lugares da habitación:Teríamos un elephant a carón da porta; un tiger metido nun caixón da mesiña de noite; un hippo, na cama xunto coa snake, saindo polos pes desta... Por último atoparíamos o parrot no alfeizar da ventá e ao monkey a carón da estantería dos libros.

   Todos deberan estar gardados na Toy box que aparece decoradacon stars e circles...Por certo, tampouco deberíamos esquecernos de recoller o story book do chan porque ese non é o seu lugar despois de telo lido...

   Pero bueno... polo de pronto conformarémonos con conseguir ordenar o jigsaw, desde que o teñamos ben pintado e recortado... non se vai facer todo nun día!!

Ata pronto e que o fagades todo ao seu tempo, con gusto e aproveitamento...

 

jcarlosp@edu.xunta.es

 

AnexoTamaño
splash_level_b_tex_words_07.pdf253.62 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer