IT´S PICNIC TIME!!

Ola bloguei@s:

   Como xa dixemos no noso artigo anterior, está a facer tan bo tempo que apetece ir de picnic.

   Pero para poder facelo necesitamos un recipiente adecuado para  transportar a nosa comida en condicións. E iso é o que imos a facer; unha lunch box para poder encher cunha rica merenda da que dar boa conta nunha fresca e agradable paraxe da nosa elección...

   Por suposto tamén temos que dispoñer dun bon suministro de alimentos, a poder ser saudables, pero sen renunciar a un pequeno capricho de postre como o... chocolate!! 

   Se alguén prefire en cambio, un fresco iogur ou froita como postre, tamén os pode levar. A elección será ao voso gusto... para elo dispoñemos de: sandwich, chicken, banana, chocolate, yoghurt, e para beber, orange juice.

   Agora so queda preparar a merenda, meter todo na fiambreira e elexir un bonito lugar para desfrutar do picnic...

   Xa me contaredes que tal o pasastes no picnic que espero fagades con esta actividade que vos propoño.

Un saudo e que aproveite...

 

jcarlosp@edu.xunta.es

AnexoTamaño
splash_level_a_frank_talks_07.pdf637.78 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer