Nebulosa nun frasco

Bo día familias!!

A actividade que hoxe vos propoño forma parte do proxecto que estábamos a desenvolver titulado: O Universo. Esta consiste na elaboración dun frasco de nebulosa pero... sabedes que é a nebulosa?  Pois son grandes nubes as cales están formadas por gas e po.

Achegádevos que vos vou a contar un segredo... Existen moitísimos tipos de nebulosa como por exemplo aquelas nas que nacen as estrelas. Premede aquí para visualizar os diferentes tipos de nebulosa.

Auga    Algodón    Colorantes alimentarios    Purpurina    Un vasiño    Unha culler    Bote de cristal

Ben, nun primeiro momento vamos a realizar misturas cos colorantes alimentarios e a auga. A continuación, colocaremos o algodón dentro do frasco e iremos administrándolle pouco a pouco a auga con colorante( podemos axudarnos dunha culler para asegurarnos de que o algodón quede completamente empapado).

É moi importante que alternedes coas cores para dar un maior efecto de explosión a par que ides engadindo tamén a purpurina. Neste caso as cores que busquei en todo momento foron azuis, vermellos, laranxas e violetas.

E velaquí tedes o resultado... a nosa nebulosa encerrada nun frasco.

Todas as actividades que formen parte deste proxecto irei almacenándoas no noso recunchiño ao igual que os cohetes, o astronauta,... de xeito que aínda que non poidamos estar no cole poidamos rematalo igualmente.

Vémonos a vindeira semana na cal elaboraremos constelacións para posteriormente proxectalas nun mural.

Un saúdo ben forte pequerrechos!!!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer