"A FRAUTA MÁXICA"

 

   Ola,  como vai todo? Co tempo seco e soleado que nos acompaña nestes días, supoño que desfrutando un montón dos xogos e paseos ao aire libre…

   Pero fortalecer o noso corpo e relaxar a mente en contacto coa natureza,  non quita que tamén lle poidamos adicar tempo a alimentar o espírito desfrutando da música, como outro xeito de actividade beneficiosa para a nosa saude…

   Hoxe propóñovos revisitar una obra deliciosa creada por un dos grandes xenios da música de todos os tempos.  E digo xenio porque xa o demostrou precozmente: con catro anos tocaba o piano, e con apenas 6 aniños xa foi quen de empezar a compoñer numerosas obras …

   Si, xa sei que de seguro adiviñastes de quen estou a falar; de Wolfgang Amadeus Mozart,... exactamente!

   E a obra recomendada non é outra que "A Frauta máxica"que nos conta a través dos seus personaxes, unha fábula sobre o clásico tema do trunfo do ben sobre o mal.

   Podedes encontrar unha adaptación moi breve para @s máis cativ@s na seguinte dirección de youtube:

https://www.youtube.com/watch?v=r3O60cyDZ-c

  Existe outra máis edulcorada en debuxos animados na seguinte páxina que dura aproximadamente 45 minutos:

https://www.youtube.com/watch?v=K7eFA3cG8hY

  Tamén existe unha versión de case igual extensión, igualmente en debuxos animados, pero que quizais non sexa tan adecuada para @s máis pequen@s como as anteriores. De todos modos, douvos a dirección, por se vos mesmos queredes valorar a súa idoneidade:

https://www.youtube.com/watch?v=FxtPKHmrSmk

  Espero que apreciedes, na tranquilidade dos vosos fogares, esta audición como se merece.

Un saudo e ata pronto.

 

jcarlosp@edu.xunta.es

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer