IT´S SPRING TIME!!

   Si, estamos en plena primavera, coa súa exhuberante demostración de cores, recendos e sons produto da eclosión de vida e actividade que se está a desenvolver no mundo animal e vexetal, nestes días longos e calorosos...

   Pero esto fainos recordar que non hai moito, o tempo era ben distinto, frio e chuvioso, como corresponde ao paso das estacións do ano: outono, inverno, por fin a primavera e logo, a volta da esquina, o verán...

   Polo tanto imos aproveitar a ocasión para facer un repaso a esas estacións, pero como non, en inglés: autumn, winter, spring and summer.

   Para elo vou  poñer á vosa disposición dúas fichas das SEASONS, onde na primeira, recordaremos os seus nomes e na segunda, poderemos xogar con cada estación como decorado de fondo, coas personaxes que as acompañan vestidas para a ocasión...

   Espero que desfrutedes pintando cada unha delas como corresponde: as estacións frias, con cores frias (  dark blue,  dark green, grey...) e as temperadas ou quentes con cores que transmiten calor (yellow, orange, red, light blue...) así coma as personaxes coas súas roupas e complementos adaptados a cada época do ano.

   E por certo, aproveitade esta radiante explosión de luz e vida que nos trae esta estación, para desfrutar da natureza neses paseos que de seguro estades a facer...

 

jcarlosp@edu.xunta.es

AnexoTamaño
Estaciones_poster.JPG362 KB
splash_level_a_diz_project_09.pdf694.04 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer