Mandala con elementos da natureza

Bo día familias!!!

Estes días estamos a gozar de moi bo tempo asique animeime e fun a dar un paseo no que recolleitei unha morea de follas, flores, xuncos,... cos que decidín elaborar unha mandala e conmemorar deste xeito a chegada da primavera e os cambios que esta supuxo na nosa contorna.

En primeiro lugar... sabedes que significa mandala? Pois ben significa círculo sagrado, lugar onde dar vida, crecer... polo que é perfecto para cultivar valores e aprendizaxes. Porén, a realizacion desta actividade servirá para traballar a:

  • Atención.
  • Paciencia
  • Concentración.
  • Coordinación.
  • Motricidade fina
  • Creatividade
  • Cores
  • Formas xeométricas
  • ...

Preparados?? Imos aló...

1.- Recolleitar todo aquilo que máis nos chame a atención. Podemos facer mandalas centrándonos nas cores, nas formas xeométricas... é moi importante dedicarlle tempo a este paso xa que da nosa escolla resultará a creación final.  NOTA: mediante a observación descubriredes cousiñas que en ocasións non percibimos a simple vista e que poden resultar moi interesantes.

2.- Elaboración. Comezaremos dende o centro e iremos cara fora. 

creación sinxela( primeiras idades)

aportación de máis elementos 

combinación de formas xeométricas e cores

Resultado final

Como podedes comprobar, esta actividade pode realizarse a calquera idade, iso sí, teremos que ir graduando a súa complexidade e o número de elementos a empregar.

Espero que vos guste.

Un saúdo ben forte familias!!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer