Proposta de actividade para o día da nai

Hola de novo amiguiños!!!

Dado que se aproxima o día da nai, hoxe a temática da actividade vai xirar en torno a esa figura tan importante para todos. Así ben, a actividade que vos propoño é a realización dun marcaxinas!!!

No meu caso, decidín deseñar un marcapáxinas de animais pero podedes crear coches, bonecas ou algún elemento que lle guste a vosa nai.

Tomade nota dos materiais que vamos a necesitar:

  • Folios e cartulinas de cores
  • Lápis de cores
  • Pegamento
  • Tesoiras
  • Unha regla
  • Goma de borrar

Buscastes todos estes elementos pola casa?? Pois comecemos....

1º Debemos crear tres cadrados cunha dimensión de 7x7 cada un (podedes pedirlle axuda aos vosos pais, avós, etc., para realizar este paso).  É importante que o fagades a lapis e sen calcar demasiado xa que do contrario quedarían marcas. No momento en que xa estean realizados, dividiremos pola metade o cadro superior e o que está colocado a dereita. 

Resultado do 1º paso

 

2º Borrar as liñas externas e recortar de xeito que nos quede a seguinte figura. Unha vez recortado pregaremos a figura olas liñas.

 

3º Pegar estas dobreces con pegamento.

OLLO: ten que quedar como unha especie de sobre polo que tede coidado e non peguedes TODO (so unha pestana a outra) xa que do contrario non quedaría un espazo interno polo que meter as follas dos libros.


Resultado deste paso

 

4º Vamos realizar os complementos para conseguir o animaliño, neste caso vou a crear un coello polo que vou a debuxar orellas, rariz, boca, dentes,...

Como podedes comprobar, empreguei para os meus debuxos folios e cartulinas de cores pero tamén poderiamos debuxalo xa directamente. Unha vez debuxadas as partes, recortarémolas e pegarémolas dando forma o animaliño desexado.

 

4º Fixádevos, xa temos listo o noso marcapáxinas con forma de coelliño.

 

 

 Dado que me gustou moito o resultado animeime e creei outros dous marcapáxinas máis, un con forma de sapiño e outro con forma de oso panda.  

 

Agora tócavos a vos pequechos, pero sobre todo... non vos esquezades de realizarlle tamén unha nota ben chula na que lle expresedes as vosas nais o moito que as queredes. De seguro que elas o gardarán como un dos seus maiores tesouros.

Unha aperta ben grande 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer