A MÚSICA DA NATUREZA

   Nestes días, coa considerable baixada nos niveis de actividade e tráfico, as nosas cidades e pobos están especiamente silenciosos e tranquilos...Esto permítenos ser máis conscientes de todos eses sons agradables que nos rodean habitualmente e que nos soen pasar desapercibidos (sobre todo nas cidades) polo trafego e confusión diarios.

   Así, en condicións normais, os urbanitas case non nos decatamos do canto dos paxaros, do son do vento entre as ramas das árbores ou do fluir da auga dun regato, se temos a sorte de ter un perto... 

   Os que teñades esa oportunidade desfrutade dela... porque eu agora son máis consciente deses sons que antes se me escapaban enmascarados polo ruido do tráfico...e realmente son unha delicia. Despois de todo, algo bon tería que traer todo esto... 

   Pero desfrutar da música da natureza pódese complementar coa música creada polos humanos.

   A música, que nos pode servir de acompañamento das nosas rutinas nestas longas xornadas, non fai outra cousa que imitar eses sons da natureza a través dos instrumentos. 

   Como exemplo disto, podemos recurrir a innumerables composicións, entre as que vos recomendo "Pedro e o lobo" de Serguei Prokofiev, especialmente indicada para os máis pequenos da casa. Nesta obra, o compositor, a través da historia que nos relata, proponnos un percorrido comentado por moitos deses sons producidos polo propio protagonista, Pedro, polos cazadores, os animais ou a propia natureza, e personificados nos diferentes instrumentos da orquestra.

   Espero que todos, grandes e pequen@s, desfrutedes da audición desta obra que podedes atopar na páxina que vos indico a continuación narrada por Pablo Pampín:

https://www.youtube.com/watch?v=d-TzHrJbL_c

   E despois de todo, se non vos apetece escoitar música nin os propios sons da natureza, sempre nos queda buscar o silencio que nunca está de máis de vez en cando, para pensar un pouco con calma ou relaxarnos para variar...

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer