Seguimos na semana do libro

   Hola a todos. Como seguimos na Semana do libro, aínda que un tanto atípica polas circunstancias actuais, espero que vos gustara a recomendación que vos fixen onte, e en especial, algunha das historias que lle suceden ao noso pequeno amigo, como aquela na que coñece a un raposo e teñen unha interesante conversa...

http://microtop.ca/lepetitprince/capitulo21.html

   E aproveitando o tema dentro da área de ed. plástica, deixo a vosa disposición unha serie de debuxos que podedes utilizar para colorear estes días, aínda que supoño que non desaproveitastes o tempo e xa teredes pintado moito. De todos modos espero poder ver pronto o resultado, que de seguro ha de ser magnífico, á volta de todo isto.

  Un saudo e que non decaia o ánimo. Ata a próxima. 

AnexoTamaño
el zorro y el principito.png7.91 KB
el principito 2.png8.19 KB
el principito 1.png4.13 KB
el principito 3.jpg5.86 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer