REMATA O CURSO, SEGUIMOS O NOSO CAMIÑO

 

Hoxe foi o derradeiro día deste curso 2018/2019, se nos detemos a mirar cara atrás parece que foi coma un flash, comezamos un 12 de setembro e xa estamos a 21 de xuño. Foi un curso cheo de momentos, de emocións, de intres para recordar que gardaremos ben pechadiños no noso corazón. Grazas a todas e todos os que permitístedes que isto fose así.

Pero isto non se detén, senón que continúa, porque como reza o mural que todo o alumnado e persoal do centro pintou cos seus pés, "Seguimos o noso camiño".

¡QUE TEÑADES UN MOI FELIZ VERÁN!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer