Inicio de Sesión

Complementarias

Letras Galegas 2013. Visita ó Olmo

Este ano, coma en anos anteriores, participamos nas actividades organizadas pola asociación de vecionos "Olmo", co gallo da conmemoración do día das Letras Galegas. O alumnado de Infantil 1º, 3º e 5º tiveron a oportunidade de ver traballar a distintos artesáns: zoqueiros, ferreiros, artesáns do cristal,...

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA.

Ilustrador Pablo Otero

O pasado xoves 11 de abril, dentro das actividades programadas para o mes do libro, recibimos a visita do ilustrador "Pablo Otero". que inpartíu un obradoiro sobre ideogramas e caligramas.

Tedes todas as imaxes na GALERÍA.

Deixámosvos cunha pequena mostra. Ata pronto.

Día mundial da poesía

Hoxe 21 de marzo celebramos no cole "o día da poesía". En primeiro lugar os alumnos de 6º explicáronnos como disfrutar da poesía.

Despois Andres, Yago, Artur, Martín, David,Lucía, Iria, María e Inés, recitáronnos un libro que deixou RAIOTECA: " O rato Frederick".

Rematamos cunha proposta: Na entrada do centro están expostas unha serie de poesías, cada neno, voluntariamente, escolle unha e ten que traer unha imaxe alusiva a esa poesía. Haberá agasallos para todos os participantes. Ánimo poetas e poetisas.

Coma sempre tedes as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén podedes ver o video.

Deixámosvos cunha pequena mostra da xornada.

Día internacional da muller traballadora

Dende o xoves, dia 7 de marzo, iniciamos no colexio a exposición oral dos traballos que todo o alumnado do centro realizou con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller".

Co título As mulleres que nos rodean, cada un de nós, incluidos os mestres,  trouxemos unha foto dunha muller moi especial nas nosas vidas, e escribimos un texto breve ou pé de foto. Despois xuntámonos no Recanto dos Contos para presentar os nosos traballos.

Tedes os vídeos e as fotos nas respectivas galerías.

Aquí tedes unha mostra:

Bibliotómbola de Nadal 2012

Aquí tedes os vídeos da celebración da "BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL".

Recitando a Celso Emilio Ferreiro

O pasado día 12 do 12 do 2012, xuntámonos todos no salón de actos para conmemorar o centenario do nacemento de "Celso Emilio Ferreiro". Por ciclos, todo o alumnado do cole recitou o poema "DEITADO FRENTE AO MAR".

Como sempre tedes as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén podedes ver o VÍDEO. 

Deixámosvos cunha presentación de fotos da celebración.

 

25N: Día mundial contra a violencia de xénero

O 25 N, celébrase en todo o mundo o día contra a vilencia de xénero. Violencia que supón unha violación dos dereitos fundamentais e que por desgracia estase a repetir con demasiada frecuencia.

No noso centro, para tentar concienciar aos mais pequenos deste grave problema, o alumnado representou, nunha obra de teatro, o libro titulado "O libro dos porcos".

Tedes as imaxes da celebración na GALERÍA. Así mesmo podedes ver o vídeo no seguinte enlace: VÍDEO.

Deixámosvos cunha pequena presentación da actuación.

Visita de Leandro Lamas

O pasado venres 23 de novembro recibimos a visita do xenial pintor "LEANDRO LAMAS".

Para agradecer a visita de Leandro en primeiro lugar varios alumnos do centro recitaron o poema sobre Leandro Lamas que escribió "Sechu Sende".

Posteriormente, Leandro nunha entrevista levada a cabo polo alumnado do centro, respondeu as preguntas sobre a súa vida e obra.

Rematamos cun debuxo representando ao "APALPADOR" que Leandro realizou para o cole. Foi un auténtico pracer ver traballar a un pintor da talla de Leandro.

No blog da biblioteca tedes mais información sobre esta xornada: LEANDRO

Grazas Leandro, a partir de agora formas parte deste centro para sempre.

Ata sempre.

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA e os vídeos no seguinte enlace: VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da visita.

Leandro Lamas on PhotoPeach

Fin de curso 2011-2012

O vindeiro 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso.

  • Comezamos cun pase de diapositivas onde repasamos a traxectoria do alumnado de sexto polo colexio.
  • Graduación dos nenos/as de 6º de infantil.
  • Graduación dos maiores do cole, os de sexto de primaria.
  • Entrega de agasallos aos colaboradores da biblioteca.
  • O alumnado de infantil deleiton¡unos coa canción "Ay si eu che pego".
  • Posteriormente cantamos "O rap de Andrade".
  • Rematamos cantando e bailando "Danza kuduru".

Deixámosvos cunhs imaxes da celebración, como sempre tedes o resto de fotos na GALERÍA e tamén podedes ver o VÍDEO.

FELIZ VERÁN.

 

Fin de curso 2011-2012 on PhotoPeach

Teatro en inglés

Para  mais información clica no enlace:

" The Shoemaker and the Elves"