Inicio de Sesión

Complementarias

The three billy goats

As alumnas e alumnos de 3º curso de Primaria fixeron unha representación de teatro de sombras dunha obra en inglés titulada: "The Three Billy Goats". Tivemos uns invitados moi especiais, os nenos e nenas do 3º curso de primaria do CEIP Couceiro Freixomil, eles tamén representaran para nós no seu colexio unha obra titulada: " The Shoemaker and the Elves".

Ao remate da representación, a nosa auxiliar de conversa, Amy, fixo unha presentación contándonos moitas cousas interesantes do seu país, the USA, e en concreto do lugar onde ela vive: Tenessee. Ademáis agasallounos cunhas galletas típicas americanas, elaboradas por ela mesma, con crema de cacahuete e chocolate. Moitas grazas Amy. Botarémoste moito de menos. Boa viaxe !!! 

Tamén queremos desde aquí darlles os parabéns a todos eses fantásticos actores e actrices.
Ata a próxima.

Tedes a vosa disposición o vídeo e as fotos nos seguintes enlaces: FOTOS     VÍDEOS

The Three Billy Goats on PhotoPeach

Xogos tradicionais. 2ª xornada

O pasado venres 30 de marzo, realizamos a 2ª xornada de xogos tradicionais. Nesta ocasión os xogos foron os seguintes:

  • Brilé.
  • A corda.
  • O pano.
  • O baile da escoba.
  • As tabas.
  • As chapas.
  • Os zancos.
  • A mariola.
  • As bolas.
  • A zorregada co cinto.
  • Carreira de sacos.

Nesta ocasión fixemos 11 grupos de nenos, mesturados por ciclos, que foron rotando por todos os xogos.

Grazas a todos os/as colaboradores, pais, nais, mestras, conserxe, que fixeron que a xornada fose un éxito. Esperamos contar coa vosa colaboración en vindeiras xornadas.

Deíxovos cunha presentación de fotos da xornada. Como sempre podedes ver as fotos  e os vídeos da xornada.

Visita de Gonzalo Moure

O pasado día 8 de marzo recibimos a visita de Gonzalo Moure. Para comezar,   recordamos un correo que Gonzalo enviou ao noso club de lectura cando o inauguramos e limos por primeira vez o seu libro “Palabras de Caramelo”.

Para agradecerlle os momentos tan bos que pasamos lendo os seus libros, e como ademais era o día Internacional da Muller, limos unha reseña dedicada a unha muller moi especial para él, a súa nai.

Para rematar a presentación, cantamos todos xuntos, como homenaxe a ese fermoso proxecto que é “Coñecernos para querernos”, a canción “Mano con mano buscando el Bubisher”.

Despois chegou o turno de Gonzalo, contounos un montón de cousas sobre os seus libros e a súa vida. As súas experiencias no Sahara,  que inspiraron moitas das súas obras, e ese proxecto do Bubisher. Tantas historias interesantes...
Foi moi emocionante, porque Gonzalo sabe transmitir de "corazón a corazón".  
Moitas grazas e ata pronto!!!Coma sempre tedes as fotos na GALERÍA  e os vídeos no seguinte enlace VIDEOS.

Visita G. Moure - presentacion imagenes

Día Internacional da Muller

Durante estes días estivemos traballando para participar nunha proposta do Concello para os Centros Escolares de Pontedeume:
Cada Centro escollerá unha muller dunha lista de Mulleres que marcaron a historia das mulleres e levará a cabo un traballo que versará sobre os seguintes puntos:

  • Trazos máis relevantes da súa vida e as súas accións máis destacadas.
  • Breve referencia ao contexto histórico e social no que viviu.
  • Aportacións que ralizou na loita pola igualdade.

A mostra con todos os traballos realizados polo alumnado de todos os Centros Escolares do Concello de Pontedeume, permanecerá exposta na Casa da Cultura e despois pasará por cada un dos Centros participantes.
A nosa aportación a este proxecto é un traballo colectivo sobre "Clara Campoamor" no que participamos todas e todos dende E. Infantil ata 6º de Primaria.

Posteriormente o alumnado de sexto baixou a Casa da Cultura, para asistir a inauguración da exposición e posterior conferencia a cargo de Rosana Volio Monge.

Como sempre deixámosvos cunha mostra das forografias do acto. O resto de fotos a tedes na GALERÍA.

Lecturas Compartidas: Gonzalo Moure

Este ano, co motivo da visita ao centro do escritor Gonzalo Moure, iniciamos as Lecturas compartidas de libros do mencionado autor. Nesta ocasión son os nenos maiores os que len os libros para o resto do alumnado.

Na primeira sesión foi o alumnado de quinto os que leron o libro "El mejor amigo del perro".

Na segunda sesión o alumnado de cuarto leu o libro "Nacho chichones".

Deixámosvos un pase de diapositivas da xornada. Podedes encontrar o resto das fotos na GALERÍA e os vídeos no seguinte enlace: VIDEOS.

I Xornada de Xogos Tradicionais

O pasado xoves 12 de xaneiro, organizado polo equipo de convivenia, tivemos a "I xornada de xogos tradicionais". Nesta ocasión contamos coa colaboración dalgúns pais e nais que ensinaron aos nenos e nenas a xogar a diferentes xogos e deste xeito tentar recuperar aqueles xogos aos que xogábamos cando eramos cativos.

Os xogos elixidos nesta ocasión son os seguintes:

  • PRIMARIA: brilé, a corda, a goma, o peón, as chapas, a mariola, as bolas.
  • INFANTIL: a corda, as cadeiras, a galiña e os indios.

Grazas a todos por compartir con nos unha xornada tan especial, esperamos contar coa vosa colaboración para a realización das futuras xornadas de xogos tradicionais.

Esperamos as vosas suxerencias.

Deixámosvos cunha presentación de fotos. Coma sempre tedes o resto de fotos na Galería e os vídeos da xornada no seguinte enlace: Vídeos

 



Xogos tradicionais - diapositivas

TREASURE ISLAND

 

O xoves 17 de decembro, todo o alumnado de primaria asistimos a unha representación teatral en inglés, a cargo da compañia "Face to face" , que foi contratada conxuntamente polo CEIP Couceiro Freixomil e o noso colexio. O título da obra "Treasure Island".
Foi unha obra moi divertida, fixemos previamente na clase de inglés moitas actividades relacionadas: xogos, cancións, lecturas... A descarga dos materiais cós que traballamos pódese facer neste enlace:

http://www.face2facetheatre.com/node/1258711


Aquí deixamos unha pequena reportaxe:

TEATRO INTERACTIVO EN INGLÉS

  Obra titulada: "The Legend of King Arthur". É un storytelling, na que os actores da compañia FACE 2 FACE, fixéronnos participar activamente; algúns nenos e nenas incluso subiron ao escenario para representar algunhas personaxes, os que non subimos ao escenario tamén participamos con xestos, sonidos e sobre todo con cancións, que previamente preparamos na clase. Foi moi divertido!!!!. Aquí tedes algunhas fotos.

TEATRO INTERACTIVO EN INGLÉS

Deporte

Dporte 

O CEIP de Andrade participa, como complemento a asignatura de Educación Física, en diversas actividades deportivas:

  • Deporte na escola
  • Eumeolimpiadas
  • Xornada de iniciación o Piragüísmo.

DEPORTE NA ESCOLA

É unha actividade polideportiva-cultural, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte (Dirección Xeral para o Deporte) en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación universitaria. é unha actividade totalmente gratuita para o alumnado e para o centro.

Esta actividade divídese, no que respecta o noso centro, en dúas categorías:

  • Categoría A: Equipos mixtos co alumnado de 3º e 4º de Primaria.
  • Categoría B: equipos mixtos co alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Participamos en diversas probas como son: Badminton, Baloncesto, balonmán, futbol sala, Voleibos e un xogo cultural (con sinxelas preguntas culturais adaptadas as idades do alumnado). Ademais haberá unha xornada de atletismo e natación.

O calendario para estas actividades será o seguinte:

   CATEGORÍA  A  
EQUIPOS   LUGAR  DATAS 
 CPI Conde de Fenosa (Ares)- CEIP de Andrade  Pabillón municipal (Arés)  15 de febreiro
  CEIP de Andrade- CPI Conde de Fenosa (Arés)   Pabillón A Casqueira (Pontedeume)   6 de marzo
 CEIP DE ANDRADE NARÓN  
   CATEGORÍA  B  
 EQUIPOS LUGAR  DATA 
 CEIP Unión Mugardesa- CEIP de Andrade  Pabillón Municipal (Mugardos)  14 de febreiro
 CEIP de Andrade- CPI Conde de Fenosa Pabillón A casqueira (Pontedeume)  28 de febreiro
CPI Conde de Fenosa-CEIP de Andrade   Pabillón municipal (Arés)  13 de marzo
 CEIP DE ANDRADE  NARÓN  

EUMEOLIMPIADAS

Este ano, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, participamos nas "Eumeolimpiadas". Xornadas de deporte organizadas polo Concello de Pontedeume, nas que participamos todos os centros do Concello.

Este ano ditas xornadas se celebraran nas seguintes datas:

  • Día  : 5º de Primaria
  • Día  : 6º de Primaria.

PIRAGÜÍSMO:

Todos os anos facemos, en colaboración co Clube de Remo Firrete de Pontedeume, unha xornada adicada a iniciación ó piragüísmo.

A Actividade se celebra na ría de Pontedeume e ainda temos por confirmar a data que será cara a Primavera ou Verán, cando o tempo sexa mais agradable.