Este ano, debido a que, a pesar da melloría das condicións epidemilóxocas, as recomendacións sanitarias son as de evitar aglomeracións, celebramos as graducións sen asistencia de público.
Unha xornada moi emotiva. Tedes as imaxes e os vídeos da xornada nas respectivas galerías.
Deixámosvos cunha pequena presentación de fotos da xornada.
Nesta ocasión para celebrar o "Día da non violencia de xénero", a mascota da biblioteca, "RAIOTECA", agasolullounos von diferentes libros, para ler e reflexionar sobre o tema.
Posteriormente fexemos unha xincana para concienciarnos da NON VIOLENCIA DE XÉNERO.
Tedes máis información no blogue da biblioteca "Soños de Andel"
Podedes ver as fotos da xincana na galería de FOTOS
O pasado 21 e 22 de xuño, celebramos a graduación do alumnado de sexto. Unha graduación diferente, debido a pandemia, pero mantendo, coma sempre, a misma ilusión. Unha xornada moi emotiva, tanto para o alumnado que se vai do centro, como para os mestres que levamos tantos anos compartirdo con eles tantos bos momentos.
O PROFESORADO DO CEIP PLURILINGÜE DE ANDRADE DESÉXAVOS MOITA SORTE.
Podedes consultar as fotos na nosa galería: FOTOS
Tamén tedes os vídeos no seguinte enlace: VÍDEOS
Este ano, como remate a este curso escolar tan extraño, celebramos unha carrera de orientación un pouco especial. Para cumprir coas medidas de seguridade a carreira fíxose por grupos, sen mesturar os nenos.
Os nenos en grupos de dous ou tres, tiñan que buscar, seguindo un mapa, unhas pistas, espalladas por todo o recinto escolar e realizar as probas que neles se establecían.
Unha bonita forma de rematar este curso.
Tedes as fotos na galería de fotos ou no seguinte enlace: FOTOS
Aproveitamos a ocasión para dar as grazas a toda a comunidade educativa, pola colaboración e a comprensión demostrada durante este curso.
GRAZAS A TODAS E TODOS.
Onte, Luns 31 de maio, visitou o noso centro Francisco Fernández Naval, autor, entre outros, do libro "Contos da avoa Pepa".
Unha xornada fantástica para o alumnado de 5º e 6º.
Tedes máis información no blogue da biblioteca: "Soños de andel"
Podedes ver as fotos na nosa galería: Fotos
No enlace que tedes a continuación podedes ver os vídeos da xornada: Vídeos
O pasado martes 13 de abril, Xerardo e Damián, de Ponte nas Ondas, impartiron un obradoiro de radio ao noso alumnado de 4º e 5º de primaria.
Unha xornada moi interesante, divertida e produtiva.
Tedes máis información no blog da biblioteca OBRADOIRO DE RADIO
Podedes consultar as fotos da xornada na nosa galería de fotos ou no seguinte enlace: FOTOS