Inicio de Sesión

Fin de curso 2021

Fin de curso 2021

Este ano, como remate a este curso escolar tan extraño, celebramos unha carrera de orientación un pouco especial. Para cumprir coas medidas de seguridade a carreira fíxose por grupos, sen mesturar os nenos.

Os nenos en grupos de dous ou tres, tiñan que buscar, seguindo un  mapa, unhas pistas, espalladas por todo o recinto escolar e realizar as probas que neles se establecían.

Unha bonita forma de rematar este curso.

Tedes as fotos na galería de fotos ou no seguinte enlace: FOTOS

Aproveitamos a ocasión para dar as grazas a toda a comunidade educativa, pola colaboración e a comprensión demostrada durante este curso.

GRAZAS A TODAS E TODOS.