Graduacións 2022
Este ano, debido a que, a pesar da melloría das condicións epidemilóxocas, as recomendacións sanitarias son as de evitar aglomeracións, celebramos as graducións sen asistencia de público.
Unha xornada moi emotiva. Tedes as imaxes e os vídeos da xornada nas respectivas galerías.
Deixámosvos cunha pequena presentación de fotos da xornada.
Formalización de matrícula 2022-2023
Todo o alumnado admitido no centro deberá formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño, ambos incluídos.
DOCUMENTACIÓN:
- Impreso de matrícula: GALEGO CASTELÁN
- 2 fotografías tamaño carnet.
- Fotocopia dos DNI dos proxenitores.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- De ser o caso, sentencia de separación ou divorcio.
- Cuestionario de lingua materna (Só para o alumnado de 4º de infantil). LINGUA MATERNA
NOTA: soamente será necesario entregar a documentación que non foxe entregada durante a admisión.
Fondosolidario libros de texto
Publicada a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
- Prazo de presentación: do 19 de maio ata o 22 de xuño incluído.
- Presentación das solicitudes (as solicitudes entregaranse no centro onde o neno/a estea admitido para o curso 22-23):
- Preferentemente na sede electrónica a través da aplicación fondo libros
- Cubrir na aplicación dondo libros e presentar na secretaría do centro.
- Descargar, cubrir e presentar na secretaría do centro os anexos (Anexo I e Anexo II)
- Orde do 29 de abril de 2022.
- Extracto da Orde do 29 de abril de 2022.
Admisión: Listaxe provisional
Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no CEIP Plurilingüe de Andrade, resultou admitido para o vindeiro curso.
Poden consultar as listaxes na aplicación Admisión alumnado.
Admisión 2022-2023
- INSTANCIAS:
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Prazo para realizar a solicitude: do 1 ao 21 de marzo.
Tedes 3 formas de presetnar as solicitudes:
1.- Cubrir a solicitude na aplicación "Admisión alumnado" e presentala asinada na secretaría do centro.
2.- Cubrir a solicitude na aplicación "Admisión alumnado", asinar e presentar na sede electrónica coa Chave 365 ou certificado dixital.
3.- Cubrir a solicitude de forma manual e presentar asinada na secretaría do centro. As soliciutdes pódense descargar da nosa páxina web, da aplicación "Admisión alumnado", ou ben serán facilitadas na secretaría do centro.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Como sabedes, o período de matriculación para o alumnado de infantil e primaria será entre o 1 e o 20 de marzo.
Para que poidades coñecer as instalacións do centro e resolver as posibles dúbidas, realizaremos xornadas de portas abertas.
Debido á situación actual, se realizarán con cita previa, en varias quendas que permitan grupos reducidos.
Gustaríanos recibirvos no centro os días 22 e 23 de febreiro. As visitas serán entre as 16:00 e as 16:30 horas, e entre as 16:30 e as 17:00 horas.
Para reservar cita previa podedes poñervos en contacto con nós preferiblemente a través do correo do centro: ceip.andrade@edu.xunta.gal. Se non é posible, podedes tamén chamar ao teléfono 881930473 en horario de mañá.
De todos os xeitos se non podedes vir as xornadas de portas abertas, e co fin de dar a coñecer o noso centro ás familias interesadas, dende a radio escolar “Loro Lareto”, a rapazada de 5º e 6º de primaria, realizou, no curso 2020-2021, un programa de radio (vídeo-reportaxe), con reporteiros espallados polo centro, coa intención de mostrar as familias as liñas prioritarias que guían a nosa actividade educativa e as instalacións nas que esta se desenvolve.
Nas vindeiras datas publicarase toda a información relacionada co proceso de admisión, así coma o calendario a seguir.
