Inicio de Sesión

Becas NEAE

As familias interesadas en solicitar as Becas, deberán presentar a documentación debidamente cumprimentada e asinada no centro educativo. A partir do 1 de setembro, o Departamento de Orientación elaborará os informes pertinentes e se encargará de que as Becas se envíen ao organismo responsable para a súa valoración.

 

 

Coñecendo a nosa contorna V.II

 

 

Para ver o vídeo clicade na imaxe.

Estefanía Padullés

O pasado mércores 26 de abril, recibimos a visita de Estefanía Padullés, escritora e ilustradora que presentou o libro "María Pita e o pirata".

Un privilexio contar con Estefanía que demostrou as súas dotes de escritora e ilustradora. Moitas grazas.

Tedes as fotos na galería.

Deixámosvos cunha pequena presentación de fotos.

Listaxe provisional admitidos curso 2023-2024

Pode consultar a lista na secretaría do centro ou, con certificado dixital, na aplicación "Admisión alumnado"

Madriñas e padriños lectores

O pasado venres 21 de abril o alumnado de 5º e 6º de primaria, apadriñou ao resto de alumnos do centro para contarlles algúns dos contos que temos na biblioteca. Ademáis fixeron marcapáxinas personalizados que entregaron aos seus afillados.

Tedes as fotos na galería: FOTOS.

Deixámosvos cun pequeno vídeo da xornada.

 

Plantando árbores con pinceis

O pasado 12 de abril realizamos no centro un proxecto pioneiro pola sostenibilidade que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización dun mural colaborativo e ecolóxico, onde participou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. As pinturas usadas son fotocatalíticas, que absorben o CO2, coma se fosen árbores, de aí a súa importancia medioambiental, o que está directamente relacionado co noso PDI: "Patrimonio ecolóxico-natural e cultural na nosa contorna".

Por outra banda a rapazada de 5º de infantil, 1º e 2º de primaria, pintaron bolsas de tea coas mesmas pinturas fotocalíticas.

Fantásticos obradoiros cheos de sostenibilidade, creatividade e coidado mediambiental.

Deixámosvos cunha pequena presentación da actividade.

Tedes as fotos na galería: FOTOS

Paco Nogueiras

 

O pasado 29 de marzo visitou a nosa biblioteca "Paco Nogueiras" e deleitou ao noso alumnado de infantil, primeiro e segundo, con varios contos musicados da editorial "Kalandraka".

Unha xornada moi divertida e coa que o noso alumnado  disfrutou moitísimo.

Tedes as fotos e o vídeo nas respectivas galerías:

FOTOS

VÍDEOS