O vindeiro xoves, 20 de xuño, convidamos a todas as familias que se incorporan ao noso centro a compartir connosco unha xornada de convivencia.
O novo alumnado poderá desfrutar cos seus compañeiros/as de diferentes propostas e actividades na aula, dunha merenda conxunta e do xogo libre no tempo de recreo.
NON DUBIDEDES EN ASISTIR!
Onte o alumnado de 4º, 5ºe 6º fixo unha saída a Pontedeume na que puideron coñecer a historia da vila facendo un roteiro polas súas rúas. Tamén tiveron tempo para facer un xogo nos xardíns de Lombardero e coñecer as árbores que habitan neles. Coñecer o seu patrimonio é parte fundamental da súa aprendizaxe!
Fantástica xornada en comunidade, onde a rapazada explicou ás familias os proxectos elaborados ao longo do curso 2023-2024.
Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa asistencia, colaboración e bo facer!
Esta mañá o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiu á actuación de maxia do mago Pedro Bugarín. A temática elixida foi a Unión Europea e todos os trucos xiraron entorno a ela: moedas, bandeiras... Por aquí tedes unha mostra do espectáculo!
O pasado venres tivemos unha visita especial! Membros do Conservatorio de Música Xan Viaño achegáronse ao cole para agasallarnos cun concerto fabuloso! Tivemos algunha que outra sorpresa e cantamos unha canción tod@s xunt@s! Por aquí deixamos unha pequena mostra deste día! Grazas pola visita e agardamos volver a veros pronto!
Despois do parón obrigado pola pandemia da COVID-19, o Concello de Pontedeume, organiza de novo as Eumeolimpiadas, xornadas de convivencia a través do deporte, entre todos os colexios do Concello.
Xornadas onde se pretende a colaboración, sen competencia, entre os centros.
Podedes ver algunhas imaxes na galería de fotos del colexio.