Inicio de Sesión

Becas e axudas

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar

 Xa está aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros e as axudas para libros e material escolar. Recordade que preferiblemente as solicitudes realizaranse e presentaranse de forma telemática. Para máis información clicade na imaxe.

 

Becas NEAE

As familias interesadas en solicitar estas BECAS, deberán presentar a documentación debidamente cumprimentada e asinada no centro educativo. A partir do 1 de setembro, o Departamento de Orientación elaborará os informes pertinentes e se encargará de que as becas se envíen ao organismo responsable para a súa valoración.

Ante calquera dúbida podedes contactar co centro educativo ou chamando ao teléfono do MEFP: 910 837 937

SOLICITUDES: 

As solicitudes deben cumprimentarse de forma telemática. Podedes clicar na seguinte ligazón: sede educación.

MÁIS INFORMACIÓN:

Para coñecer a información completa podedes consultas as seguintes páxinas: información.

ESTADO TRAMITACIÓN:

Poderase consultar o estado da tramitación a través da seguinte ligazón, no apartado "Mis expedientes": estado tramitación.

 

AXUDAS COMPLEMENTARIAS MATERIAL ESCOLAR.

Axudas material escolar

No DOG  do venres 14 de outubro de 2022, saíu publicada a RESOLUCIÓN de 5 de outubro de 2022 de concesión directa da  ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde de 29 de abril de 2022.

O obxectivo desta resolución é paliar na medida do posible a situación adversa actual, polo que se concede unha axuda por importe de  25 € adicionais a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €. 

Podedes consultar a resolución no título.

Actividades de formación en lingua estranxeira

No día de hoxe saíu publicado no DOG a orde do 8 de marzo de 2011, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011. Estas axudas están destinadas ao alumnado (6º de Educación Primaria) dos centros sostidos con fondos públicos.

Para máis información podedes consultar o cartel informativo e acceder a páxina web  http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Axudas inmersión Lingüística verán 2011

 

No BOE nº 35 do xoves 10 de febreiro convócanse unhas axudas para o Programa de Inmersión Lingúística en colonias de vacacións, para o verán de 2011.

Estas axudas están dirixidas a todos os alumnos que cursen 5º, 6º de educación primaria e 1º de secundaria, que dexesen participar nas colonias de dous semanas de duración que organiza o Ministerio de Educación, no mes de agosto de 2011.

Establécense dous grupos:

Grupo primeiro: poderán acceder todos os alumnos que estean el algunha das seguintes situacións:

  • Orfandada absoluta.

  • Familias con alugún membro (pai, nai, irmáns) con minusvalia superior ao 65% ou superior ao 33% se se trata do solicitnate.

  • Pertencer a familias onde o sustentador principal estea en paro ou con incapacidade permanente absoluta.

  • Pertencer a familia numerosa.

  • Pertencer a familia monoparental.

Grupo segundo: todos os solicitantes que non se atopen nos supostos anteriores.

Os solicitantes abonarán a cantidade de 50 € para o grupo primeiro e 200 € os do grupo segundo.

As solicitudes poden entregarse no colexio.

O prazo de presentación das solicitudes remata o día 7 de marzo.

Para mais información:

Aulas da natureza

No DOG do 25 de febreiro de 2010, convocáronse axudas para participar no programa de integración Aulas da Natureza 2010, convocadas segundo a orde do 17 de febreiro de 2010.

Participantes:

  • Alumnado de rexime xeral con idades comprendidas entre os 11 e os 13 anos durante o período da realización da actividade.
  • Alumnos con necesidades específicas de apoio educativo escolarizados en centros ordinarios ou específicos. Deberán ter idades comprendidas entre  os 11 e os 13 anos durante o período da realización da actividade.

    Para maior información podedes consultar o seguinte enlace: Orde 17 de febreiro.

    Tamén podedes atopar a información chamando ao centro.

Axudas ordenadores

NOTA INFORMATIVA                                                                  

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicou no Diario Oficial de Galicia do luns 10 de marzo (orde do 29 de febreiro de 2008), a cuarta convocatoria de axudas para o alumnado de niveis non universitarios que adquirira ou vaia a adquirir un ordenador portátil ou de sobremesa no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 20 de setembro de 2008. Poderán solicitar estas axudas o pai, nai ou titor legal do alumnado que estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos en calquera dos cursos de educación primaria e da ESO. Concederanse un total de 2.666 axudas, por un importe de 300 cada unha delas, atendendo unicamente ó feito de ter menos ingresos familiares. Son compatibles con outras axudas de institucións públicas ou privadas destinadas á adquisición de ordenadores, por exemplo, as do programa “Plan avanza” do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. O prazo para solicitar as axudas será do 11 de marzo ao 10 de abril.Para solicitar estas axudas os interesados seguirán os seguintes pasos:

  1. Cubrir on-line, na páxina web: https://www.edu.xunta.es/axudasord/, a solicitude e os seus anexos. (isto pódese facer dende o centro). Imprimilos, asinalos e presentar no centro educativo a solicitude (Anexo I) para que este certifique o curso no que está matriculado o/a alumno/a.
  2. Entregar nun rexistro oficial os anexos anteriores xunto coa seguinte documentación:
  • Declaración do solicitante de percibir ou non outras axudas para a mesma finalidade (Anexo II).
  • Autorización do solicitante e doutros membros da familia cuxos ingresos son computables para coñecer os ingresos da unidade familiar coa finalidade de poder recadar datos de carácter tributario ou económicos ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria (Anexo III).
  • Declaración responsable de non incorrer nos supostos previstos nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (Anexo IV).  
  • Copia do DNI do solicitante (pai, nai ou titor).
  • Fotocopia compulsada do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar (pai, nai e fillos menores de 18 anos, ou de 18 ou máis anos se teñen algunha minusvalía).                  
  • Fotocopia compulsada do certificado de minusvalía no caso de que haxa algún membro da unidade familiar con esa condición.
  • Certificado bancario da conta corrente aberta a nome do solicitante.

3. Tamén poderá entregar a solicitude por calquera dos medios previstos para a presentación de instancias no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se a solicitude se remite por correo, presentarase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de proceder á súa certificación.