Inicio de Sesión

Visita de Leandro Lamas

O pasado venres 23 de novembro recibimos a visita do xenial pintor "LEANDRO LAMAS".

Para agradecer a visita de Leandro en primeiro lugar varios alumnos do centro recitaron o poema sobre Leandro Lamas que escribió "Sechu Sende".

Posteriormente, Leandro nunha entrevista levada a cabo polo alumnado do centro, respondeu as preguntas sobre a súa vida e obra.

Rematamos cun debuxo representando ao "APALPADOR" que Leandro realizou para o cole. Foi un auténtico pracer ver traballar a un pintor da talla de Leandro.

No blog da biblioteca tedes mais información sobre esta xornada: LEANDRO

Grazas Leandro, a partir de agora formas parte deste centro para sempre.

Ata sempre.

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA e os vídeos no seguinte enlace: VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da visita.

Leandro Lamas on PhotoPeach