Skip to Content

blogue deCarlos Santamarina

PARTICIPAMOS NO ECOPREGUNTOIRO

O mércores 8 de Febreiro @s alumn@s de 6º Santi Giménez, Paula Gago, Marta Gil, Miguel Baños e Lucía Bóo, participaron no programa Ecopreguntoiro. Nunha emocionante contenda, os nosos rivais do CEIP Albeiros de Lugo acadaron a victoria por 7 puntos a 6; noraboa para eles. Gran actuación d@s nos@s alumn@s e merecido premio que terán a final de curso. Aquí tedes aos protagonistas antes de comezar a respostar.

XORNALISTAS DESTACADOS DO MES DE XANEIRO

Aqui tedes a@s nen@s que trouxeron as novas máis sobresaíntes de xaneiro: Marcos (2ºA), Martina e Álex (3ºA), Noa, Esther, Elena Sotelo e Uxía Pérez Díaz (3ºB);e mención destacada para Valeria de 2ºB, tres das súas novas foron selecionadas entre as mellores. Noraboa a tod@s @s participantes.

GAÑADORES DO CONCURSO DE NOVAS DEPORTIVAS

Aquí tedes ós gañadores das novas máis relevantes de novembro. En decembro, como consecuencia do festival de Nadal e dos poucos días de clase non faremos concurso; voltaremos en febreiro coas primicias do ano novo.

Moitas grazas a tod@s por participar e seguide lendo deporte.

EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS

O pasado venres 20 de xaneiro empezaron a funcionar as mochilas viaxeiras na nosa escola. Todos os venres dous nen@s en cada clase levarán cadansúa mochila para a súa casa.Teredes 6 días para disfrutar cos libros, revistas, cómics, películas... que van dentro das mochilas. En cada mochila vai un caderno para que cada alumn@ poida escribir ou debuxar o que máis lle gustou. Se tedes algunha dúbida desta actividade podedes preguntar aos titor@s ou no horario da biblioteca (de 4 a 6 da tarde de luns a venres)

 Agardamos que esta actividade sexa do voso agrado... Un saúdo e... Todos a ler!!!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut