Skip to Content

Blogues

FESTIVAL DE NADAL 2021

 

 

Aquí vos deixamos os vídeos do Festival de Nadal 2021. 

Podedes velos en pantalla completa pinchando no logo de Youtube.

Por outra parte, neste enlace tamén podedes velos e descargar con calidade:

Vídeos do Festival de Nadal para ver e descargar

O noso alumnado envíalles cartas aos nenos e nenas de La Palma

O alumnado de Educación Infantil e de Primaria desenvolveron unha actividade solidaria chamada "Unha carta, un sorriso" que tiña por obxectivo fomentar a empatía cara o alumnado da illa canaria de La Palma, tendo en conta a difícil situación á que se enfrontan, a erupción do volcán de "Cumbre Vieja".

A actividade, levada a cabo pola iniciativa da mestra da área de Relixión, consistiu na elaboración dunha carta por parte de cada alumno e alumna. Estas misivas ían acompañadas de debuxos e mensaxes de apoio e ánimo para os nenos e nenas de El Paso, Los Llanos e Tazacorte. Para rematar a actividade, todos os nenos e nenas acudiron a facer o envío das cartas á Oficina de Correos de Verín.

O Xornal "La Región" fixo eco desta actividade como podedes ver no seguinte vídeo: 

Biblioteca Virtual MEIGA

Se premedes na imaxe poderedes acceder á Biblioteca Virtual do CEIP Plurilíngüe Amaro Refojo.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2020/2021

 

No día de hoxe, 8 de xuño de 2020, foron publicadas as listaxes provisionais de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as para o vindeiro curso 2020-2021.

Pódense consultar ditas listaxes no taboleiro de anuncios que se atopa á entrada do colexio ou ben chamando ao teléfono do centro, 988411425, en horario de 9:30 a 13:30h.

O resultado global é o seguinte:

4º E. Infantil: Todas as solicitudes foron admitidas

2º Ed. Primaria: Todas as solicitudes foron admitidas

3º Ed. Primaria: Ao terse presentado máis solicitudes que prazas, foi necesario baremar. Para saber o estado da súa solicitude, consulte no centro.

 

Prazo de reclamación: do 9 ao 11 de xuño, ambos inclusive.

Publicación das listaxes definitivas: 26 de xuño.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA para o curso 2020/2021: do 1 ao 10 de xullo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

 

  • (XULLO 2020) RECOLLIDA DE CHEQUES PARA LIBROS E MATERIALInfórmase ás familias que a partires do día 16 de xullo e ata o próximo venres 24 de xullo poderán recollerse no centro os cheques de axuda para libros e material escolar en horario de 10:00h a 13:00hOs cheques que non poidan entregarse nesas datas, poderán ser recollidos en setembro.

 

  • (XULLO 2020) FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL: Xa están expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas co nº de libros que lle corresponde ao alumnado de 3º a 6º de Primaria por materia. Tamén poden chamar ao centro para consultar o estado das súas solicitudes para libros e material (horario de atención: de 10:00 a 13:00h).

 

  • (MAIO 2020) NOTA INFORMATIVA:
 

 

Para calquera dúbida ou consulta ou para solicitar, no seu caso, cita previa  poden chamar ao teléfono 988411425 en horario de 9:30 a 13:30.

CONCURSO LITERARIO E VÍDEO "TODO O DÍA NA CASIÑA"

A Fundación Otero Pedrayo convoca un concurso literario en homenaxe ao centenario da revista e Xeración NÓS e á figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Os/As que esteades interesados/as en participar, debedes mandar unha composición poética antes do 17 de maio ao seguinte email: concurso.fundacion.otero.pedrayo@gmail.com

(Premede na imaxe para ampliar o cartel da convocatoria)

 

Por outra banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou recentemente un videoclip musical titulado "Todo o día na casiña", ao que se pode acceder premendo na seguinte imaxe:

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2020

O domingo, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora, que conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en igualdade co home, polo recoñecemento e exercicio dos seus dereitos. Para sumarnos a dita celebración, entre outras actividades, fixemos un baile no patio que podedes ver neste vídeo:

Distribuir contido


by Dr. Radut