Skip to Content

Estratexias para inclusión ao alumnado TEA

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

"Infinitas capacidades, necesitan infinitas oportunidades"

 

Por iso hoxe, 2 de abril, conmemoramos o Día Mundial da Concienciación do Autismo. Data elixida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para promover a contribución da mellora da calidade de vida das persoas con TEA. 

 

 

 #ChamémoloPoloSeuNome #LlamémosloPorSuNombre #DíaMundialAutismo ♾️

O COLE ESTÁ SINALIZADO CON PICTOGRAMAS!

A sinalización do centro persegue que o colexio sexa accesible. A través dos pictogramas axudamos ao alumnado a comprender a información do seu contorno. Beneficia a todos os nenos e nenas e, especialmente, a aqueles alumnos e alumnas que necesitan apoio na comunicación.

Sinalar o colexio é unha oportunidade cara a sensibilización sobre o mundo TEA.

PATIOS DINÁMICOS

O obxectivo fundamental é que nos tempos de recreo se favoreza a inclusión do alumnado con diversidade funcional.

Esta metodoloxía consiste en organizar e preveer toda unha serie de dinámicas divertidas, atractivas e que atendan aos diferentes intereses de xogos de todo o alumnado, utilizando o apaio pictográfico como lenguaxe visual. 

 

As actividades han de ser guiadas por un docente en concreto (sendo coñecido por parte de todo o alumnado) que dinamice estos xogos; o alumnado TEA, deberá coñecer previamente as dinámicas dos xogos así como a persoa guía das mesmas.

 

 

METODOLOXÍA TEACCH

Segundo se recolle no Protocolo sobre Tratamento educativo do alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA) da Consellería, a metodoloxía TEACCH, pretende mellorar a vida do alumnado tanto dentro da escola como no entorno familiar, acadando un desenvolvemento e unha mellora da súa autonomía e relacións sociais. 

Esta metodoloxía está baseada no ensino estruturado

  • Dotando de contexto real toda a xornada;
  • Planificando e organizando os tempos e os espazos de traballo buscando a súa autonomía;
  • Sistemas de traballo que secuencien a actividade a realizar, os pasos previos e os pasos posteriores;
  • Organización visual clara, secuenciar con pictogramas ou palabras que guían cada actividade;
  • Axendas que desenvolven rutinas para diminuir a ansiedade nos momentos de cambio.

 

FORMACIÓN BATA

O profesorado do centro ao longo do curso estivo formándose sobre os Trastornos de Espetro do Autismo (TEA).

Yolanda Heras Ruiz, Vicepresidenta da Asociación Autismo BATA realizaounos unha aproximación teórica sobre o termo, iniciámonos no uso da metodoloxía TEACCH para favorecer a inclusión do alumnado. Amosounos estratexias que van favorecer aos nenos e nenas con TEA a nivel comunicativo, desta forma melloran as súas interaccións sociais.

A continuación, poderedes ver diferentes materiais que nos amosou durante a docencia:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut