Skip to Content

blogue deCarlos Santamarina

NOVAS DEPORTIVAS DE SETEMBRO

Aquí temos ós premiados coas novas deportivas seleccionadas do mes de setembro. A maioría foron da clase de 3ºB: Mariña, Uxía, Zaira, Gabriel, Marina e Valeria. Tamén foron escollidas as novas recollidas por Luis 2ºA E Laura 1ºA.

Noraboa e a seguir lendo.

CASARES PARA NEN@S

O primeiro libro para nen@s que fixo Casares foi "A galiña azul", xa nos podemos imaxinar a súa importancia se temos en conta que a rede de garderías públicas galegas recibe ese nome: A Galiña Azul.

En 1973 publicou "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", que levou varios premios de teatro. "O can Rin e o lobo Crispín" (1983) segue falando da Galicia rural.

Os cinco contos de "Toribio", "Lolo anda en bicicleta" e "Un polbo xigante" (2000) son os últimos contos que podemos destacar... Quen poida, que os lea... de verdad que o ides a pasar xenial.

Fonte: Biografía de Carlos Casares: Compromiso con Galicia. Edit. Ir Indo.

CASARES PARA MAIORES

A súa primeira novela foi "Vento Ferido" (1967) onde fala da realidade galega deses anos. No 1969 publica "Cambio en tres", libro que nunca lle gustou moito a Casares. En "Xoguetes para un tempo prohibido" (1975), Carlos fala da súa vida dende que fora neno. Esta última obra gaña o premio especial da Editorial Galaxia e o Premio da Crítica Española do ano 1976.

En 1979 escribe "Os escuros soños de Clío". "Ilustrísima" (1980) fala dun bispo liberal na Galicia de hai 100 anos. En 1987 fai "Os mortos daquel verán", onde mostra o desastre da Guerra Civil en Galicia.

As dúas últimas obras de Casares foron "Deus sentado nun sillón azul", que para os entendidos é a súa mellor novela; e, "O sol do verán", un libro que foi publicado cando Carlos xa falecera.

Os xornais tamén se viron beneficiados polos escritos do autor. Tanto "La Región" como "La Voz de Galicia" tiveron artigos e reseñas dos pensamentos e sentimentos de Casares. Tamén fixo algún traballo para "El País" ou "Faro de Vigo".

Fonte: Biografía de Carlos Casares: Compromiso con Galicia. Edit. Ir Indo.

CASARES ADULTO

Remata os estudos e volta a Xinzo para estudar oposicións. No 1969 comeza a dar clase de Lingua e Literatura española no Colexio Libre Asociado de Viana do Bolo. Todo comezaba ben pero... ao pouco Casares é expedientado por intentar formar persoas críticas coa Dictadura na que vivía España por aquel entonces. Quédalle prohibido exercer o seu traballo de mestre en toda Galicia.

Decide marchar a Bilbao para exercer alí como mestre, aínda que só aguanta un ano nesa cidade.Eso si, nunha das habituais viaxes dende Bilbao a Santiago, Carlos coñece á que será a súa esposa: Kristina Berg. Mes e medio despois de coñecerse, casáronse, quedando a vivir en Ourense.

Kristina era sueca, polo que o noso autor vai viaxar regularmente a Suecia. A igualdade social e a educación do país escandinavo marcará para sempre a Casares. Pensa en Suecia nun exemplo do que debería ser Galicia.

No ano 1974 aproba as oposicións de profesor de Lingua e Literatura Española. O seu primeiro centro é o Instituto Maria Soliño de Cangas. Pasa nesta vila oito anos. Aquí nace o seu primeiro fillo. A partires de 1983 exerce como mestre no instituto de Santo Tomé de Freixeiro en Vigo.

Rodeado de afamados galeguistas como Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Carvallo Calero ou Blanco Amor comeza a súa vinculación co mundo político. Participou activamente na Lei de Normalización LingÜística, na Real Academia Galega, na creación do Consello da Cultura Galega e tamén na Radio Televisión de Galicia no ano 1984.

No 1985 deixa a política pasando a traballar na Editorial Galaxia (unha das máis importantes da nosa terra). No 1986 pasa a ser director desta editoral. 

No 1996 deixa de ser profesor ao converterse en presidente do Consello da Cultura Galega. Alí exerce unha tarefa constante na defensa do galego ata que, o 9 de marzo do 2002 morre dun ataque ao corazón.

Fonte: Biografía de Carlos Casares: Compromiso con Galicia. Edit. Ir Indo.

CASARES EN SANTIAGO

Na década dos 60 chega Carlos Casares a Santiago. Nada máis chegar, o compromiso estudiantil e co galeguismo cultural e político serán as dúas referencias básicas no seu periplo universitario.

De casualidade coñece a Arcadio López Casanova; un día de chuvía colle a Carlos sen paraugas, é Arcadio o que o tapa e o acompaña a casa. Así empeza a súa amizade. Por medio de Arcadio, coñece tamén a Ramón Piñeiro (este foi coma un pai para el).

Como estudante comprometido, participa no asociacionismo estudiantil na ADE (Asociación Democrática de Estudiantes). Este grupo de estudantes esperta o gusto polos coloquios, debates e tertulias.

Intenta que o galego sexa incluido no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago sen éxito. A pesares do seu compromiso co galego, os problemas que mantiña con parte do profesorado da universidade, fan que teña que rematar a súa carreira universitaria de Filoloxía Románica en Oviedo. 

CASARES EN SANTIAGO

Na década dos 60 chega Carlos Casares a Santiago. Nada máis chegar, o compromiso estudiantil e co galeguismo cultural e político serán as dúas referencias básicas no seu periplo universitario.

De casualidade coñece a Arcadio López Casanova; un día de chuvía colle a Carlos sen paraugas, é Arcadio o que o tapa e o acompaña a casa. Así empeza a súa amizade. Por medio de Arcadio, coñece tamén a Ramón Piñeiro (este foi coma un pai para el).

Como estudante comprometido, participa no asociacionismo estudiantil na ADE (Asociación Democrática de Estudiantes). Este grupo de estudantes esperta o gusto polos coloquios, debates e tertulias.

Intenta que o galego sexa incluido no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago sen éxito. A pesares do seu compromiso co galego, os problemas que mantiña con parte do profesorado da universidade, fan que teña que rematar a súa carreira universitaria de Filoloxía Románica en Oviedo. 

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano, adicámoslle o Día das Letras Galegas a Carlos Casares.Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941 na cidade de Ourense. Os seus pais eran Francisco Casares e Manuela Mouriño. Carlos foi o mediano de tres irmáns: o maior Meches e o pequeno Xavier.

Aos tres anos trasládase a Xinzo de Limia, e nesta vila próxima a Verín vai pasar a súa infancia. Outras localidades importantes foron Beiro (onde vivía un tío seu que era crego) e a aldea de Sabucedo (alí tiña outro tío médico). Este contacto coa tradición rural galega dará a Carlos moitísimos coñecementos que marcarán a súa traxectoria vital e literaria.

Tocoulle unha mala época para ser neno, eran os anos da fame da década dos 40 (despois da Guerra Civil Española); aínda así, gozaba coa construción de xoguetes de madeira e xogando ao fútbol no equipo de Xinzo, o Antela F.C.

O seu avó Herminio, foi o que lle espertou o gusto polos contos e as conversas de sobremesa.

Con só 11 anos, Carlos ingresa no Seminario de Ourense co fin de ter un mellor porvir "escapar do arado e da miseria campesiña". A súa nai e os seus familiares que estaban vinculados á igrexa, fixeron que Carlos se decantase polo Seminario; seu pai, sempre quixo que o rapaz estudase Medicina.

No Seminario (lugar no que só se falaba castelán) comeza os seus pinitos co galego; era o director e o único corresponsal do xornal El Averno. Todo baixo o amparo do seu mestre favorito, o profesor Agustín Madarnás.

Entre os anos 1957 e 1961, deixa o Seminario e decide estudar o Bacherelato por libre na Academia Santa Marina. Nesta época participa como locutor dun programa de raio "Orto y Grafo" e grazas a un amigo, consegue a chave da biblioteca municipal.

Gaña o "Concurso Provincial de Cuentos de Navidad", o que lle permite coñecer a importantes galeguistas, entre eles Vicente Risco, Don Ramón Otero Pedrayo, Uxío Novoneyra e nada máis chegar a Santiago tamén entra en contacto con Arcadio López Casanova.

 

AS NOVAS DEPORTIVAS DE FEBREIRO ESTÁN PREPARADAS.

Xa se escolleron as novas máis relevantes do mes de febreiro. Aquí as tedes debaixo.

Moitas grazas a tod@s por participar e... a seguir lendo deportes.

EXCELENTE PARTICIPACIÓN D@S NOS@S ALUMN@S NO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Este sábado 18 de febreiro, celebrouse en Monterrei-Ourense a xornada provincial de campo a través. 

Vari@s nen@s da nosa escola competiron nas diferentes probas e categorías.

Marina (2ºB); Elena Sotelo e Julia (3ºB); Iago Estévez, Álex, Claudia e Diego (3ºA); e Sofía (4ºA) alí estiveron.

Gran actuación a destes rapaces. Noraboa.

PARTICIPAMOS NO ECOPREGUNTOIRO

O mércores 8 de Febreiro @s alumn@s de 6º Santi Giménez, Paula Gago, Marta Gil, Miguel Baños e Lucía Bóo, participaron no programa Ecopreguntoiro. Nunha emocionante contenda, os nosos rivais do CEIP Albeiros de Lugo acadaron a victoria por 7 puntos a 6; noraboa para eles. Gran actuación d@s nos@s alumn@s e merecido premio que terán a final de curso. Aquí tedes aos protagonistas antes de comezar a respostar.

Distribuir contido


by Dr. Radut