Centro

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

  Hoxe o noso Centro vai conmemorar con diversas actividades o DÍA  ESCOLAR  DA NON  VIOLENCIA  E  A  PAZ, para que os nosos alumnos aprendan valores: a tolerancia, a solidariedade, a comunicación, o respecto e a amizade fronte á violencia e o odio. Pero sobre todo para que os practiquen e que, fronte aos que se empeñan en crear muros que separan e dividen, eles e elas sexan capaces de levantar pontes que  nos unan...

   O himno do  Día Escolar da Non Violencia, (DENIP), "Irmáns das estrelas", do pacifist, poeta e educador LlorenÇ Vidal,  anima a todos a crear unha cultura de paz, sen diferenzas de raza, lingua, crenza ou maneira de pensar.

 

       Irmáns das estrelas,

       das montañas, do mar,

       de todos os seres vivos,

       unamos, para cantar,

       as nosas mans, aprendices

       de Amor, Non-violencia e Paz.

       Sen diferenzas de raza,

       de lingua nin de pensar,

       nun abrazo fraterno,

       unamos, para cantar,

       os nosos peitos, coa forza,

       de Amor, Non-violencia e Paz.

       Defensores da vida,

       sen armas para matar,

       cal cidadáns do mundo,

       unamos, para cantar,

       o noso alento, mensajeros

       de Amor, Non-violencia e Paz.

(LlorenÇ Vidal)

Máis información sobre o DENIP e LlorenÇ Vidal  AQUÍ

Collages de Outono

    

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega, con motivo da celebración da entrada do Outono, acordou pedir a colaboración das familias para facer un "collage" de Outono en cada titoría. Para elo pediuse a achega dunha imaxe representativa do Outono, Magosto ou Samaín. Os titores recopilaron as imaxes e con todo o material aportado os alumnos e alumnas e elaboraron os seguintes collages:

Un espectáculo de maxia

   O luns todos os alumnos do Centro asistiron a un espectáculo de maxia, os máis pequenos de 3 anos e 4 no edificio de infantil, e os maiores na Biblioteca repartidos en varias sesións ao longo da mañán. 

Podedes ver MÁIS PREMENDO  AQUÍ  +

 

Destinos literarios desde a Biblioteca

 

  O pasado 24 de outubro foi o día das Bibliotecas escolares e todo o Centro se implicou na proposta do Equipo de escoller DESTINOS LITERARIOS  e facer postes indicadores con sinais que os indicasen.  Ver máis no blog da Biblioteca +

Este foi o resultado. Grazas a todos por colaborar!

Os postes indicadores están agora nas entradas dos edificios de primaria e infantil. 

MEMORIA FOTOGRÁFICA do curso 2015-2016

    No Ceip A Maía fixemos, para despedir o curso, unha exposición que recolle a Memoria Fotográfica deste ano, coas actividades en común para todo o centro. E tamén está a maqueta que construiron os alumnos de 4ºA dentro do seu proxecto "pés na rúa". As fotografías están colocadas nas pistas na entrada do colexio e a maqueta está no interior. Queremos agradecer á nosa compañeira Ana Bolaño o seu traballo para montar esta exposición (seleción, maquetado, plastificado...) e aos rapaces de 4ºA por facer esa maqueta, a escala!, que tan ben mostra as nosas instalacións.

"Os soños na gaiola" de Manuel María

  Esta semana todo o centro estivo implicado nunha proposta do Equipo de Normalización linguística para achegarnos á obra do poeta da Terra Chá, Manuel María, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. A proposta consistía en que as aulas dos maiores escribían os  poemas nunhas lonetas que os máis pequenos tiñan que decorar.

  Así coñecemos os poemas do carro, o tractor, o caracol, o sol, o foguete, o cuco, a lebre, o ourizo e a bolboreta... que están todos no seu libro "Os soños na gaiola".

 

BIBLIOPATIO

   No colexio inauguramos un novo espazo  lector e lúdico: o BIBLIOPATIO, que será utilizado polos rapaces no recreo, na hora de ler e nas ocasións que o precisen. Delimitado con alfombra, cintas, plantas, é un espazo recollido que esperamos sexa unha nova zona de disfrute lector. Ten de fondo a obra gráfica que fixeron os alumnos de 6º o curso pasado no taller de arte urbano.

Lendo o Quixote escrito nas escaleiras da Maía.

Unha montaxe coas fotos dos rapaces cando o venres atoparon as primeiras frases do Quixote escrito en todos os tramos das escaleiras do colexio. (premer na imaxe de abaixo)

Cervantes, o Quixote e as escaleiras da Maía

   O venres ,para conmemorar o día do libro e os 400 anos do pasamento de Miguel de Cervantes, as escaleiras do colexio apareceron escritas coas primeira frases  do Quixote.

    Para ver como se desenvolveu a ctividade PREMEDE AQUÍ para ver a entrada no blog da biblioteca.

Baile de disfraces no Antroido da Maía

   Tanto os profes coma os alumnos o pasamos moi ben durante o baile do disfraces co que rematamos esta semana de Antroido no Ceip A Maía!

Distribuir contido