Centro

365 Días da Muller Traballadora no Día do Libro

Ben é certo que o 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller Traballadora, pero todos sabemos que non é só un día senón todo o ano. Igual pasa o 23 de abril co Día do libro. E por eso este ano todos os alumnos fixeron un gran traballo de investigación sobre as mulleres, os seus logros e traballos ao longo do tempo.

  Os máis pequenos partiron das mulleres máis cercanas a eles, as súas superheroinas: nais, avóas, tías, irmáns...

  Os maiores foron ampliando e buscaron mulleres galegas, españolas e internacionais, por todolos campos: ciencia, investigación, literatura, cine, música, deporte, danza, pintura,  tecnoloxías... de onte e de hoxe.

  Todos estes traballos foron postos finalmente en formato libro e agora están expostos na Biblioteca: á vosa disposición. Tamén podedes velos premendo en cada unha das portadas.

   Non están todas as que son, pero sí són todas as que están!!

           

            

         

             

                

                 

Fotos recibidas: Rosalía vive na Maía

  Desde o EDNL propuxéronnos elaborar en cada clase uns carteis onde se recollesen e ilustrasen poemas de Rosalía de Castro. Despois os rapaces tiñan que levalos e penduralos nos portais dos seus edificios á vista de toda a comunidade e logo sacarlles fotos. Esta é unha recopilación das que recibimos.

    Moitísimas grazas a todos por participar nesta idea que pretendía abrir á veciñanza a celebración do Día de Rosalía, traspasando o ámbito escolar.  

PREMEDE na imaxe para ver as fotos.

 

Rosalía vive na Maía

 Mostra dos poemas de Rosalía de Castro que ilustraron os alumnos. Como seguro que xa os vistes, están  pendurados polo patio de entrada  do noso colexio, situado no medio das terras que a inspiraron e que a escritora percorreu desde o seu nacemento en  1837 no Camiño Novo, do Concello de Conxo, hoxe Praza de Vigo do Concello de Santiago de Compostela ata o seu pasamento en Padrón no ano 1885.

Premede na imaxe para ver os traballos pendurados no patio.

 

Exposición Retrospectiva do Entroido galego

 

Unha exposición retrospectiva de fotografías do Entroido galego aportadas polas familias do colexio. Reflicten as nosas referencias socioculturais, os Entroidos de antes e o porqué das actuais celebracións. Moitas grazas a todos os que aportástedes este pequeno anaco da historia do Entroido ao longo do tempo e por toda Galicia (incluso algunhas de fora).  Pódese ver na entrada do edificio de Primaria.

Baile de Entroido

   Dentro das actividades programadas para celebrar o Entroido cos alumnos de infantil e primaria estaba o baile de disfraces de temática libre. Nesta montaxe deixámosvos unha mostra.

Día da Paz na Maía

 

  O día 30 celebramos o Día da Paz xuntándonos tódolos cursos de infantil e primaria  e cantando unha canción do poema de Xosé Neiras Vilas "Cantarela dos nenos". Os maiores formaron no centro do patio varios símbolos da paz. Tamén levamos un globo blanco no que cada clase colgou os seus desexos de paz. Despois colgámolos no patio e na entrada do cole.

Aquí o video coa canción.

Unha montaxe coas fotos da conmemoración.

   Contamos coa actuación de tres alumnas, Raquel, Marta e Aida co seu  grupo "Estrelas do rock" que interpretaron unha canción. Antes tocaron na Biblioteca para os seus compañeiros.

Felices festas!

Alumnos e profes participamos na ambientación de Nadal decorando o centro con árbores, grilandas de tea, beléns, debuxos polos corredores e polas portas das clases. A Ampa tamén colaborou montando a árbore dos desexos cos adornos que fixeron os nenos na casa.

COS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA TODOS!

QUE TEÑAMOS UN VENTUROSO 2018!

Traballos de nadal dos alumnos de relixión

Unha pequena mostra dos traballos dos alumnos de relixión de infantil e primaria no Nadal 2017: beléns (nos que enpregaron todo tipo de materiais), debuxos, fotocall...

 

A festa do Magosto

   Fixemos o magosto xusto a véspera do S. Martiño, e aínda que estamos no tempo das chuvias, realmente este ano o tempo portouse moi ben para poder realizar esta actividade.

   As castañas estaban boísimas polo que dimos boa conta delas. 

   Esforzámonos especialmente  na recollida e limpeza do patio e tan ben o fixemos, que a hora da saída non parecía que estiveramos tantos nenos tomando castañas e bailando. E este ano a música tamén nos gustou a todos moitísimo!.


 

BIBLIOTECA PARA NAIS,PAIS,FAMILIAS

Estimadas nais, pais, familias,

Durante este curso queremos poñer á vosa disposición para lectura e consulta, unha selección de libros de pedagoxía de temas varios. A finalidade é que poidades coñecer distintos enfoques,  aprender, reflexionar  e incrementar a vosa seguridade como nais e pais e contar con informacións e criterios veraces, que sen dúbida, pódenvos axudar a exercer un bo desempeño pedagóxico na crianza dos vosos fillos e fillas. Tentamos seleccionar libros con  unha visión sinxela e amena sen renunciar ao rigor, e que vos axuden no exercicio de vosa máis apaixonante responsabilidade: a de ser nais e pais.

Poderedes retiralos na nosa biblioteca os luns en horario de 16:30h a 17:30h. Esperamos que vos animedes a lelos, e que os atopedes de utilidade.

O noso agradecemento para a ANPA que será quen xestione directamente o préstamo.

 

 

Distribuir contido