Participamos no Plan Proxecta neste curso 2015_16

Proxecta

 

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

 

Participamos pola modalidade de Mobilidade Sostible e segura, podedes acceder á información do programa premendo aquí.

Exposición de cabazas e composicións do Samaín

   O Equipo de Actividades complementarias  convocou a todos os membros da comunidade educativa para participar na EXPOSICIÓN DO SAMAÍN. Os pais, nais, alumnos e alumnas de infantil e de primaria participaron con cabazas do Samaín e productos de Outono e son unha mostra da creatividade de todos. Podedes ver os dous videos que teñen as fotos da exposición no apartado de Complementarias que está no bloque da dereita.

  Moitas grazas a todos por participar!

      A exposición na entrada do edificio de infantil:

A exposición no edificio de primaria, na Biblioteca e na entrada do Centro:

 

 

Día das Bibliotecas Escolares

 O sábado 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas Escolares e desde o Equipo da  Biblioteca prepararon unha instalación á que lle chamaron "Mergúllate nos libros": un mar no que navegar cada día.  O venres 23 organizouse unha actividade na que algúns dos rapaces e rapazas maiores, que colaboran  durante os recreos, recibiron aos seus visitantes cunha sorpresa: Leodoro, a mascota da Biblioteca, e uns cuantos personaxes dos contos estaban esperando... Para ver como se desenvolveu a actividade entrade no blog da Biblioteca. Temos dúas entradas con videos da actividade e dos personaxes saídos dos libros.

Programación Xeral Anual

HORARIOS E PARADAS DOS AUTOBUSES ESCOLARES

                                                    

AUTOBÚS Nº1

Parada

Hora Aprox.

Aldea Nova 1

8:45h.

Aldea Nova 2

8:45h.

Porto  (Lugar de referencia: ¿Qué como?)

8:50h.

Ponte do Paseo Fluvial (Lugar de referencia: Ames Sport)

8:50h.

 

AUTOBÚS Nª 2

Parada

Hora Aprox.

Ponte do Paseo Fluvial (Lugar de referencia: Ames Sport)

8:40h

Centro Médico

8:50h

 

AUTOBÚS Nº 3

Parada

Hora Aprox.

Cortes (Lugar de referencia: CEIP Agro do Muíño)

8:30h.

Tarroeira

8:40h.

Condomiña

8:40h

Praza da Maía

8:45h.

 

AUTOBÚS Nº 4

Parada

Hora Aprox.

Pedregal (Lugar de referencia: Rotonda)

8:40h.

Chavián (Lugar de referencia: Panadería Xallas)

8:40h.

 

AUTOBÚS Nº 5

Parada

Hora Aprox.

Praza da Maía

8:35h.

Chavián (Lugar de referencia: Panadería Xallas)

8:40h.

 

AUTOBÚS Nº6

Parada

Hora Aprox.

Centro Médico

8:45h.

Praza da Maía

8:50h.

 

 

HORARIO DO COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias,

na información que se vos enviou onte para as casas detectamos un erro no horario do comedor.

O horarío do comedor escolar finaliza ás 16:30h, coma sempre, e non ás 16:00h como aparece na circular. 

REUNIÓNS DE TITORÍA DE INICIO DE CURSO

 

As primeiras reunións de titoría coas familias serán nas seguintes datas:

DÍA

HORA

CURSOS

ETAPA

LUGAR DE REUNIÓN

30 de setembro

16:30

Infantil

AULARIO DE INFANTIL: Na Aula de cada grupo

A:

B:

C:

30 de setembro

16:30

Infantil

AULARIO DE INFANTIL: Na Aula de cada grupo

A: 1

B: 5

C: 7

6 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 1

B: 2

C: 3

6 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 7

B: 4

C: 5

7 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 6

B: 10

C: 9

7 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 18

B: 19

C: 17

8 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 14

B: 11

C: 12

8 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 13

B: 15

C: 16

AVISO IMPORTANTE: FONDO DE LIBROS DE 3º DE PRIMARIA

Aclaración  sobre o fondo de libros de 3º de primaria

Estimadas familias,

Somos conscientes da vosa inquietude con este tema, xa que afecta ao normal desenvolvemento das clases das vosas fillas e fillos, así que queremos darvos unha serie de explicacións para que entendades a razón pola que, a día de hoxe, seguimos á espera.

·        

Só o alumnado solicitante de libros do fondo, e dos que está publicado o listado na web e na porta principal do centro, ten a totalidade dos libros concedidos.

·        

Ademais, os centros chegamos a acordos coas editoriais para que nos doaran a maior cantidade posible de libros para que o alumnado que non solicitou se poida beneficiar do uso gratuíto durante o curso dalgún libro.

·        

Ata que teñamos aquí a totalidade dos libros, non poderemos decirvos cales tedes que mercar e cales vos cedemos por este curso dende o centro. O feito de non telos aquí aínda débese a que durante o mes de agosto todo estivo paralizado nas editoriais por coincidir co período vacacional e, xa en setembro, as manifestacións por parte de gandeiros e sector lácteo, paralizou os repartos que tiñan que saír do polígono industrial.

Pedímosvos que agardedes ata que dende o centro vos indiquemos exactamente cales son os libros que tedes que mercar.

Un saúdo

 

 

 

A directora

 

 

Isabel Abelleira Bardanca

AVISO IMPORTANTE PARA OS SOLICITANTES DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Mañán martes 15 de setembro xa poden retirar os vales para adquisición de material.

Diríxanse á conserxería do centro para retiralos.

Para calquera dúbida ou consulta pasen por Secretaría.

AVISO IMPORTANTE PARA OS SOLICITANTES DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

AVISO IMPORTANTE PARA OS SOLICITANTES DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Unha vez entregada a documentación, deben esperar a que se lles entregue o VALE correspondente,

De momento non é posible acceder á aplicación para xeralos, unha vez que se poida facer, serán avisados dende o centro para que pasen a recollelo.

Lembren que o prazo para entrega de solicitudes abrangue dende o 2 de setembro ata o 1 de outubro.

Distribuir contido