RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDO LIBROS 2020_21

Xa temos lista a adxudicación definitiva de fondo libros para 3º e 4º de educación primaria.

Por favor póñanse en contacto co centro para saber que libros lle foron adxudicados.

Os libros recolleranse no centro na 1º semana do mes de setembro.

 

Horario de atención en secretaría: De luns a venres, de 10:00h a 13:00h.

Teléfonos de consulta:

 

881866002 - Isabel

881866005 - Paco

881866006 - Victoria

AVISO IMPORTANTE: Vales de material (de 1º a 6º) e vales de libros (1º e 2º)

Xa están dispoñibles os vales de material de 1º a 6º de primaria e os vales de libros de 1º e 2º de primaria. 

Poden chamar aos seguintes teléfonos para confirmar si  lle foron concedidos:

  • 881866002 (Isabel)
  • 881866006 (Victoria)
  • 881866005 (Paco)

Unha vez lle sexa confirmado poden pasar pola secretaría do centro a asinar e recollelos. 

 

 

Horario de atención en secretaría: De luns a venres, de 10:00h a 13:00h.

 

AVISO IMPORTANTE: ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA. (Só para alumnado de novo ingreso)

Todo o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro, deberá formalizar a súa matrícula desde hoxe mércores 1 de xullo ata o venres 10 de xullo.

Si desexan solicitar unha praza no transporte escolar, deberán facer a solicitude a través deste enlace: https://forms.gle/BMRN33HYSYUcfk1H9  

O horario de atención en secretaría será de luns a venres, de 10:00h a 13:00h.

 

Poden descargar a documentación de matrícula dende aquí ou recollela na secretaría do centro, en calquera caso, terán que entregala no centro.

 

Anexo III de formalización de matrícula (para todos)

Datos complementarios á matrícula (para todos)

Folleto informativo para nais e pais de alumnado de 3 anos 

Cuestionario sobre a lingua materna (só para alumnado de 3 anos - 4º de EI)

Autorización múltiple para alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria

Autorización múltiple para alumnado de 5º e 6º de primaria.

HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O MES DE XULLO

HORARIO DE ATENCIÓN EN SECRETARÍA  DURANTE O MES DE XULLO

 

Dende o día 1 ao 31 xullo  o horario será de 10:00h. a 13:00h.

 

 

 

Durante todo o mes de agosto, o centro permanecerá pechado por vacacións

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/21

Educación Infantil: Non hai libros

Educación primaria:

Pode consultar o listado de libros para educación primaria para o vindeiro curso 2020/21 aquí.

 

Os listados de material serán proporcionados unha vez comece o curso, directamente polas titoras ou titores.

VIDEO DO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

ORLAS DO ALUMNADO DE 6º

Benqueridas alumnas e alumnos de 6º de primaria, aquí vos deixamos, como peche destes anos que levades con nós, o arquivo coas vosas orlas; desafortunadamente nesta ocasión sabedes que ten que ser así, a través dun arquivo, en vez de facer unha pequena despedida con vós e dárvolas en man.

Iniciades para o curso unha nova etapa educativa, distinta, ilusionante e sabemos que entraredes e sairedes airosas e airosos dela.

En nome de todo o persoal do CEIP A MAÍA queremos agradecervos os días compartidos e desexarvos o mellor e,  permitídeme, xa que entramos no verán, desexárvolo con unha frase que se di no mundo mariñeiro cando alguén inicia unha viaxe:

 

 

 Boa mar e bo vento nas velas!!

 

 

Disfrutade deste merecido descanso.

 

A Directora.

 

IMPORTANTE: SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR 2020/21

 

Dende mañá venres 19 de xuño até o luns 20 de xullo ábrese  o prazo para solicitar praza no transporte escolar para o vindeiro curso 2020/21.

Tendo en conta a recomendación xeral de minimizar o uso de papel, a solicitude farase a través dun formulario web, ao que pode acceder dende aquí: https://forms.gle/BMRN33HYSYUcfk1H9 .

É moi importante que lean atentamente o formulario antes de cubrilo e de envialo, só permite un envío.

 Ante calquera dúbida ou problema que lle xurda póñanse en contacto co centro nos seguintes teléfonos de atención:

881866002 (Isabel)

881866006 (Victoria)

 

LEXISLACIÓN RELACIONADA:

 

AVISO IMPORTANTE: DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

Estimadas familias, o luns e o martes deberedes proceder á devolución dos libros de texto pertencentes ao fondo solidario de libros.

Para evitar aglomeracións establecemos que os de 3º de primaria se depositen o luns 22 de xuño en horario de 10h a 14 h. Haberá unha mesa na entrada principal, ao lado de conserxería onde depositaredes os libros. Durante ese día, as titoras de 3º estarán no centro por si queredes consultar algo con elas.

O martes 23 de xuño en horario de 10h a 14 h, devolveranse os de 4º de primaria. Haberá unha mesa na entrada principal, ao lado de conserxería onde depositaredes os libros. Durante ese día, as titoras de 4º estarán no centro por si queredes consultar algo con elas.

Distribuir contido