ORLAS DO ALUMNADO DE 6º

Benqueridas alumnas e alumnos de 6º de primaria, aquí vos deixamos, como peche destes anos que levades con nós, o arquivo coas vosas orlas; desafortunadamente nesta ocasión sabedes que ten que ser así, a través dun arquivo, en vez de facer unha pequena despedida con vós e dárvolas en man.

Iniciades para o curso unha nova etapa educativa, distinta, ilusionante e sabemos que entraredes e sairedes airosas e airosos dela.

En nome de todo o persoal do CEIP A MAÍA queremos agradecervos os días compartidos e desexarvos o mellor e,  permitídeme, xa que entramos no verán, desexárvolo con unha frase que se di no mundo mariñeiro cando alguén inicia unha viaxe:

 

 

 Boa mar e bo vento nas velas!!

 

 

Disfrutade deste merecido descanso.

 

A Directora.

 

AdxuntoTamaño
6ºA.pdf12.01 MB
6ºB.pdf11.81 MB
6C.pdf12.05 MB