NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Estimadas familias de 1º de Educación Primaria,


Cas circunstancias que todos/as estamos a vivir, e preciso organizar as actividades que os diferentes titores/as estamos a realizar dende hai unhas semanas ata o remate do curso académico.

 

Debemos seguir as directrices marcadas polas Instrucións do 27 de Abril de 2020 da Consellería de Educación, en onde matiza que as tarefas serán de recuperación, repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes anteriores, levadas a cabo no 1º e 2º trimestre do presente curso. Isto significa que non se poderán introducir novos contidos curriculares.

 

Neste senso, o equipo docente do 1º ciclo tenta proporcionarlles actividades flexibles e que de forma continuada poidan facelas con suficiente tempo.

 

 Así mesmo o alumnado NEAE está recibindo actividades específicas realizadas polas especialista de AL e PT, que por medio dos titores se lles remiten periódicamente. Así mesmo dende o Departamento de Orientación estanse a realizar actividades para estes nenos/as

 

A forma de traballar é a seguinte:

 

            O titor de 1º A e a titora de 1ºC programan as actividades semanalmente.O titor de 1º A e a titora de 1ºC as habilitan o domingo pola tarde-noite na plataforma Agueiro.

 

            A titora de 1ºB planifica as súas diariamente e a envía por correo electrónico.

 

            O mestre de Inglés as habilita os xoves, pero sen concretar un día específico, tan só dan un tempo  amplo para realizar as tarefas.  Adoitan ser actividades de tipo “online”( de relacionar, vídeos webquests, actividades de pronunciación, pero sempre sen que teñan que escribir). Emprega a aula de Google classroom (páxina virtual).

 

            O mestre de Educación Física , habilita as súas actividades os luns, e comunícase coas familias por correo electrónico.

            O mestre de Música habilita as súas actividades os martes e son semanais. As súas actividades son online, e  baséanse en escoita de cancións,e  ritmos.

            A mestra de Relixión programa actividades semanais e as habilita os mércores.

           

 

Tamén lles informamos de que recibirán o solucionario das actividades propostas, de xeito que se lles facilite a auto-corrección.

            Para calquera consulta  aos respectivos titores poden dirixirse ven pola plataforma ABALAR ou por correo electrónico nos seguintes enderzos:

 

Titor 1ºA J.Luis:  ceipamaia-1-a@hotmail.com

Titora 1º B Vanesa;:aula1bvanessamaia@gmail.com (tamén por videoconferencia)

Titora 1º C Irene :  irenelopezdiaz@edu.xunta.es

Mestra Relixión: rsnoya@edu.xunta.es

Mestre Inglés:           oteacherpablo@gmail.com

Mestre E.Física: luisanxo@edu.xunta.gal

           

 

Achegamos un horario orientativo de traballo semanal. Non se trata de cumprilo estritamente pero si de referencia.

 

Este é o horario orientativo:

 

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
MATEMÁTICAS L.GALEGA MATEMÁTICAS L.GALEGA MATEMÁTICAS
L.CASTELÁ C.NATURAIS L.CASTELÁ C.SOCIAIS PLÁSTICA
E.FÍSICA MÚSICA RELI/VALORES INGLÉS LECTURA

 

Saúdos cordiais e saúde por parte da titoría de 1º de Primaria.