NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As titoras e os especialistas de 4º nivel  queremos aclarar que as actividades que programamos no noso blog e na páxina do colexio, son actividades de reforzo, repaso, recuperación e ampliacción dos contidos que consideramos claves para a adecuada progresión do aprendizaxe dos nosos alumnos. Son actividades que forman parte do 3º trimestre e polo tanto actividades que hai que realizar, con calma , sen presa, e con tempo suficiente.

 A profesora Lidia, especialista en inglés, nos informa que hai moitos alumnos de 4º  que non se diron de alta na plataforma de Oxford. Esta é unha ferramenta moi útil na que todos deberiades estar.

Ademais, as mestras de 4º nivel estamos en contacto permanente con vos, familias, pero notamos en falta o feedback, é dicir, unha contestación por parte vosa cando se vos escribe un email. Gustarianos estar moito máis cerca e o contacto a través do correo electrónico parécenos imprescindible. Tamén cos alumnos, pero este farase coas videoconferencias que empezaremos en breve.

Sabemos que os alumnos teñen os seus diccionarios nas aulas. Esta falta de recurso a compensaremos con  entradas de acceso á  RAG (galego) e á  RAE (castelá) no blog.

Por último, os mestres especialistas ( inglés, relixión, educación física e música) os emprazan para que tamén estedes en contacto con eles e polo tanto enviamos os seus correos.

            (Raquel)  rsnoya@edu.xunta.gal         (Mercedes)mercedes.blanco@edu.xunta.gal

            (Lidia)lidiabrenlla@edu.xunta.es       (Jesús) jesusgarciavazquez@edu.xunta.es