2ª Avaliación

Estimadas  familias,

Hoxe recibiredes a través de AbalarMóbil as cualificacións do 2º trimestre do voso/a fillo/a.

Queremos que saibades que esta avaliación realizouse vía telemática, con todo o rigor, igual que cando se fai de xeito presencial.    

Igual que sempre, tívose en conta, non só os resultados das probas, senón o traballo diario, comportamento, etc., é dicir, todos os aspectos contemplados nos criterios de avaliación que a principio de curso se vos deron a coñecer nas reunións presenciais.

O período avaliado comprende desde o 08/01/19 ata o 12/03/20.

Desexando que esteades todos ben e que esta situación se normalice o antes posible, recibide un cordial saúdo de todo o profesorado do CEIP A MAÍA.