CIRCULAR 4/2018_19
Estimadas nais, pais, familias,
Á volta destes días non lectivos de maio ( 30 e 31), xa entramos no último mes de curso. Quero transmitirvos varios avisos importantes sobre os seguintes aspectos:
2.- Devolución dos libros do fondo solidario:
Prazo:
3º de educación primaria: mércores 19 de xuño.
4º de educación primaria: xoves 20 de xuño.
Lugar e horario de devolución:
Secretaría do centro. De 9:05 a 14:05
Condicións para a devolución:
· Deben devolvelos os pais, nais, titores legais do alumnado.
· Os libros teñen que estar en bo estado.
· Forrados.
· Sen marcas de lapis, bolígrafo, rotulador, etc.
· É obrigatorio retirarlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna.
Non se recollerá ningún libro que non cumpra estas condicións
Si o pai, nai ou representante legal do alumnado o solicita, poderáselle xerar un documento de “recollida” dos libros de texto efectivamente devoltos.
3.- Solicitude de transporte escolar para o curso 2019-20.
Dende o 10 ao 20 de xuño poderase presentar a solicitude na secretaría do centro. Poderase descargar o modelo de solicitude na web do centro ou recollela directamente en secretaría, en ambas opcións estará dispoñible dende o día 9 de xuño.
Lembrade que o servizo de transporte hai que renovalo todos os cursos.
4.- Campaña anual de recollida de roupa para a fundación Glorr
Igual que en cursos anteriores, faremos a campaña de recollida de roupa en xuño. Si desexades colaborar podedes traer as bolsas con roupa entre o día 3 e o día 5 de xuño e depositalas en conserxería. Tamén avisar de que hai moitísima roupa extraviada (chaquetóns, plumíferos, xerseis, sudadeiras, etc.) e, si ninguén vén a recuperala, doarase á fundación.
5.- Entrega de boletíns e remate das clases
O curso rematará o 21 de xuño de 2019 e os boletíns informativos coas cualificacións do alumnado entregaranse ese mesmo día.
6.- Recollida do historial académico do alumnado de 6º de educación primaria.
Desde o luns 1 de xullo e durante todo o mes, poderedes recoller o historial académico do voso fillo ou filla. Debedes pasar por secretaría, e asinar a recollida. Horario de atención: de luns a venres, de 10:30h. A 13:00h.
Dende o centro enviamos unha copia do historial ao centro de educación secundaria en que prosiga os seus estudos o alumno ou a alumna, por pedimento do centro de educación secundaria.
Bertamiráns, 29 de maio de 2019
A DIRECTORA
Mª Isabel Abelleira Bardanca