Presentamos o blog de 4º A de infantil

Hoxe queremos presentarvos un novo blog do colexio creado pola profesora Sara na clase de 4ºA de infantil e a partir de agora estará na sección Blogs do centro para compartir con vos as actividades e o día a día dos pequenos de 3 anos.

Sirva como presentación a que fai a propia Sara na cabeceira do blog:
 
   " Benqueridas familias.
Quero darvos a todos/as á benvida a esta nova aventura. 
 
Este blogue pretende ser unha fiestra a través da cal veredes unha pequena parte do noso día a día na aula: as actividades, as rutinas, as experiencias e os afectos e emocións que se van xerando e tecendo.
 
E con tal fin, aquí tedes unha pequena mostra do que se "coce" na nosa aula."