Seguindo a liña de que ao longo da Educación primaria, os nenos e nenas asistan a concertos didácticos de distintos estilos e agrupacións, nesta ocasión o venres 15 de abril, os alumnos de 3º e 4º terán a oportunidade de disfrutar da música interpretada pola Banda Municipal de Santiago nun concerto titulado "BANDANZA", acompañados nesta ocasión por unha parella de bailaríns profesionais.
![]() |
Este concerto seguro servirá de motivación para coñecer e apreciar, non só esta agrupación tan importante na música galega, senón tamén para descubrir e achegarse ao mundo dos bailes de salón. Esperamos que sirva tamén de impulso para que, neste terceiro trimestre, os nenos e nenas realicen na clase de música algunha danza colectiva, popular ou tradicional. É, quen sabe, quizais algún día, algún neno ou nena vos sorprenda... |
Podedes ver máis información na páxina de Compostela Cultural- Didáctico, premendo neste enlace.