Premio no I Concurso de marcapáxinas "Día Internacional da Muller"

  Iria Núñez Filgueira de 5ºB resultou gañadora no Iº Concurso de marcapáxinas "Día Internacional da Muller".

   Os marcapáxinas premiados serán editados e enviados aos centros e Bibliotecas do Concello.

  No auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro celebrouse  o acto de conmemoración do Día e entregáronse os premios do concurso posto en marcha polo Centro de Información á Muller.

 

   Premer AQUÍ para ver máis información do acto na páxina do Concello.

 

    Este certame estivo dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria dos colexios públicos de Ames. As bases do concurso estableceron tres categorías diferentes.

   A primeira estivo dirixida ao alumnado de Educación Infantil; a segunda ao de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e a terceira aos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

  educació 

   Deste xeito os gañadores e gañadoras foron na 1ª categoría, Carolina Guerra García, alumna de infantil do CEIP Agro do Muíño; na 2ª categoría, Diego Cacheiro Blanco, alumno de 2º de primaria do CEIP Agro do Muíño; e na 3ª categoría, Iria Núñez Filgueira, alumna de 5º de primaria do CEIP A Maía.

                      Parabéns Iria!