Estimadas nais, pais, familias,
Queremos convidarvos a unha charla informativa sobre unha cuestión que cremos que é de interese para todas e todos nós: menores e redes sociais.
Existen innumerables investigacións que abalan a natureza multi- causal do fenómeno das adiccións sen substancias, a facilidade de acceso a diversas Apps, a ampla oferta de videoxogos, a publicidade intensa nos medios e espazos deportivos, as agresivas estratexias de márketing das apostas deportivas e de xogos en liña (principalmente dedicadas aos máis novos) contribuíron a un aumento no número de persoas con problemas de adicción ao xogo e a un cambio do perfís dos xogadores, especialmente en liña.
No CEIP A MAÍA, nos últimos cursos, realizamos obradoiros de prevención de adiccións, entre as que se inclúen as adicións ás redes sociais, vídeo xogos, etc., impartidos pola psicóloga Belén Montesa Lou e o seu equipo, todo en colaboración co Concello de Ames. Esta charla informativa dirixida aos adultos e impartida polos psicólogos Belén Montesa e Juan Carlos Permuy é o complemento perfecto para os obradoiros xa realizados co alumnado de 4º, 5º e 6º e para que teñades información e pautas de actuación de primeira man.
A charla será por video conferencia, a través da aplicación Cisco Webex, e non é necesario que a descarguedes, só tedes que copiar o seguinte enlace e pegalo na barra do voso navegador, para acceder á sala da reunión https://eduxunta.webex.com/meet/isabelabelleira
Gustaríanos que, a través do correo do centro, nos fagades chegar as vosas dúbidas e inquedanzas sobre a temática da charla, para nós poderllas trasladar aos psicólogos; así Belén e Juan Carlos intentarán darlle resposta durante a charla.
O correo ao que debedes facer chegar as vosas consultas é ceip.a.maia@edu.xunta.gal. O prazo para envío de correos é até o luns 7 de xuño de 2021.
Por favor, debedes poñer no asunto do correo "Charla menores".
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Menores e redes sociais_AMAIA.JPG | 35.62 KB |