MODO GALEGO ACTÍVAO

MODO GALEGO ACTÍVAO

V FESTA DO APEGO DE AMES

Desde o Equipo de Normalización Lingüística queremos difundir esta proposta do concello de Ames animándovos a participar nela.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

  

 

Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:  ED330B


 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

♦ Máis información:

Premios #DígochoEu 2023-2024

 

O alumnado de 6º de educación primaria acada o galardón de prata nos III Premios 'DígochoEU', que recoñece os mellores vídeos sobre o fomento da língua galega na tarde de hoxe, 16 de maio.

Esta terceira edición recibiu máis dun cento de propostas de centros de toda Galicia, entre as que o xurado tivo que decidir, valorando a calidade lingüística e expresividade dos participantes, a súa orixinalidade e a innovación do contido.

 

Parabéns ao alumnado e ao seu profesorado!

 

#digochoEu

 

Charla informativa. A lingua galega: unha oportunidade.

Estimadas nais, pais, familias
 
Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames deseñouse unha charla informativa que vai impartir o escritor e comunicador Manuel Núñez Singala, baixo o título A lingua galega: unha oportunidade.
 
Nesta charla afondarase dun xeito ben ameno na adquisión da ou das linguas e coñeceremos estratexias para aproveitar as posibilidades lingüísticas dunha comunidade bilingüe.
 
A charla será en aberto para todas as familias, profesionais da educación (profesorado, persoal das escolas infantís, monitorado...)  ou calquera outra persoa que poida estar interesada.
 
Será hoxe mércores, 15 de maio , ás 20.00 h na Casa da Cultura de Bertamirás e non é preciso inscrición previa.
 

O valor da língua galega

Estimadas familias,

Desde o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do C.E.I.P. A Maía continuamos co  noso obxectivo de fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado por medio de vídeos realizados coas familias nos que vós mesmos ou diferentes persoeiros/as da cultura, deporte, xornalismo, etc., poñades en valor o uso da lingua galega e animedes a usar a nosa lingua.

Con vídeos como os que se poden ver nestas ligazóns: vídeos 1, 2, 3, 4 e vídeo 5 animamos ao alumnado a empregar a nosa lingua en todos os ámbitos da vida: profesionais, académicos e persoais.

Se desexades colaborar nesta iniciativa, por favor enviade ao correo do centro ceip.a.maia@edu.xunta.gal  un pequeno vídeo en formato horizontal presentándovos e saudando ao alumnado, e animándoos a empregar a lingua galega en todos os ámbitos da vida.

Moitas grazas!

 

Calendario escolar para o curso 2024/25

Publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nela establécese que as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos, tendo en conta que para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en diante, ABAU).

INFORMACIÓN PROGRAMA APEGO: Xornada na Ribeira Sacra.

Difundimos esta información que nos chega do concello de Ames,  por se é do voso interese:

Seguimos coas actividades do programa Apego do Concello de Ames, e hoxe toca propoñervos a agardada xornada na Ribeira Sacra.

Trátase dunha excursión familiar na que visitaremos o Ecomuseo  do Pazo de Arxerizno Cabo do Mundo, e   Carballolandia, un ecoparque situado no Concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño.

Alí achegarémonos dun xeito lúdico á etnografía, á historia e á natureza da Ribeira e faremos unha chea de actividades ao aire libre, na Chousa das Férvedas e na Casa da Árbore, conducidas por Anxo Moure, o Carballo con Botas (contos na árbore, paseos, xogos populares, xogo libre, bautizo en barca de río...) para achegarnos ao mundo das árbores autóctonas, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos galegos nun espazo natural pensado para o divertimento, o lecer e a convivencia.

Xantaremos e merendaremos de campo, pero cada familia debe levar a súa propia comida e bebida.

A viaxe  será en autobús o sábado, 27 de abril (se por circunstancias meteorolóxicas houbese que aprazala, gardaránselles as prazas ás persoas inscritas que así o desexen) cos seguintes horarios:

SAÍDA DO PAZO DA PEREGRINA (BERTAMIRÁNS): 09.30 h

REGRESO APROXIMADO AO PUNTO DE SAÍDA: 21.00 h

**A actividade é gratuíta, pero as persoas adultas que queiran entrar ao museo do Pazo de Arxeriz terán que aboar alí mesmo a súa propia entrada (3 € por persoa)

 

INSCRICIÓN:

Se vos animades, anotádevos canto antes pois xa sabedes que as prazas están contadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para inscribirvos tedes que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal  indicándonos coma sempre:

-Nome e apelidos das persoas que solicitades asistir

-Idade do neno ou da nena

-Teléfono de contacto

Non se admitirán inscricións fóra de prazo

Tedes toda a info no cartel que vos vai adxunto.

Apertas mil!

 

Dígochoeu no CEIP A MAÍA

O alumnado de 6º de educación primaria participou nun Dígochoeu, na que tanto eles con Digochiño aprenderon coas palabras olímpicas polisémicas.

 

 

Podedes ver o vídeo nesta ligazón

 

Novo escrito sobre seguridade viaria

Estimadas nais, país, familias

Como o 21 de marzo pedimos a vosa colaboración para facerlle chegar ao Concello de Ames  a petición dun novo paso de peóns e sabemos da resposta recibida, queremos comunicarvos que despois de abordalo en claustro o luns  e no consello escolar do centro hoxe mesmo, presentamos un novo escrito solicitando actuacións e respostas.

Moitas grazas pola vosa colaboración, seguiremos informándovos.

Podedes velo premendo aquí.

Distribuir contido