Tarefas de Lingua Inglesa para 3º de Primaria.
Lembrade! #Euquedonacasa
Os alumnos de 3º visitaron o espazo DOSPASOS. Participaron nun obradoiro onde aprenderon a amasar e facer pan seguindo as instruccións en inglés de Sarah Phillips. Unha bonita experiencia.
Os alumnos e alumnas de 3º realizaron estos DIORAMAS DE CAIXA que representan o CICLO DA AUGA cos procesos de vaporización, condensación e precipitación. Un traballo que mostra que a cantidade de auga da que dispoñemos no planeta é limitada e sempre é a mesma. Por tanto é un recurso que compre coidar e respetar!
O xoves 28 de marzo os alumnos de 3º de primaria recibiron a visita de Ánxela Loureiro. A súa obra“Choiva de ras” foi a que traballaron os nenos nas clases cos seus titores e trátase dunha ventura protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto. Ánxela deleitounos coa súa guitarra tocando as canción do libro.
Ver máis información sobre a escritora e a súa obra no blog da Biblioteca.
Desde fai pouco máis dun mes contamos no Centro cun novo blog no que a profe Inma pon á vosa disposición as actividades, traballos dos seus alumnos e recursos da aula de 3º. Esperamos que vos guste e vos sexa de utilidade.
Coordinados pola profe de música Mercedes, os alumnos de 3º debuxan e cantan un clásico do cancioneiro popular, "Tres hojitas madre".
Con platos e con plastilina, os alumnos e as alumnas de 3º A de primaria do Ceip A Maía, fixeron esta árbore de Nadal e os Reis Magos. Tamén fixeron coroas de espumillón para decorar as portas de casa.
Durante a hora de ler, os alumnos de 3ºC fixeron de padriños e madriñas de lectura para os pequenos de infantil. No blog da Biblioteca tedes unha entrada con video sobre esta actividade tan interesente e coa que disfrutaron moito maiores e pequenos. LER MÁIS +
CARTELÓN DO ANTROIDO DOS RAPACES DE 3ºOs alumnos e as alumnas da clase de Carmela fixeron as súas máscaras do Antroido relacionadas co Sistema Solar.
E os das clases de Mariluz e María José fixeron estas outras co mesmo tema:
E así se disfrazaron os da clase de 3ºC
Os alumnos e alumnas de 3º e de 4º fomos a Santiago ao teatro a ver a a tropa Trapalleira da compañía Bocaberta. A Tropa Trapalleira presentounos o espectáculo "Pequena trapallada e algunha que outra batalla", unha serie de sketches cheos de color humor e gags físicos que nos fan reflexionar sobre o absurdo da guerra e a necesidade de empregar a tolerancia e a solución pacífica dos conflictos.
Rosiña, Laranxiño e Mariña: os tres personaxes que levan toda a carga do espectáculo representados por Carla, Beatriz e Roi
Nos arquivos axuntos están as fotos dos rapaces cos tres actores despois do espectáculo.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |