Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Comedor

Os servizos complementarios de educación e conciliación, no que está incluída a Rede Municipal de Comedores Escolares, teñen como principal obxectivo conciliar a vida familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. O servizo da rede de comedores escolares, un servizo xestionado directamente polo Concello, está dirixido ao alumnado de infantil e primaria.

Presentación do monográfico sobre Servizos Complementarios

 

Este mércores 20 de marzo teremos a presentación do monográfico da Revista Galega da Educación, de Nova Escola Galega, sobre Servizos complementarios. Será ás 19:00 horas no comedor do CEIP A MAÍA.

Como sabemos que é un tema do voso e do noso interese, estades todos convidados.

 

 

 

COMEDOR DO CEIP A MAÍA

Estimadas nais, pais, familias,

Temos unha boa nova para comezar o curso, o Concello de Ames ven de publicar hoxe na súa páxina web, despois de comunicalo persoalmente no centro o concelleiro de educación, David Santomil; que  O CONCELLO DE AMES ENCARGARÁ UN ANTEPROXECTO PARA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO COMEDOR ESCOLAR NO CEIP DA MAÍA.

 

Mais información aquí

.

Convocatoria de folga, paros e establecemento de servizos mínimos para o día 08/03/2018

Estimadas nais, pais, familias:

Para mañá, 08/03/2018 está convocada unha folga (todo o día) así como paros parciais (2 horas).  Ante esta convocatoria e en previsión de que o  persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, establécense uns servizos mínimos para garantir a atención, vixilancia e coidado dos nenos e nenas, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.

As persoas responsables dos servizos mínimos son:

A directora: Mª Isabel Abelleira Bardanca.

O subalterno/conserxe: Vicente Fernández Balebona

A coidadora: Mónica Reimúndez Rivas

En Bertamiráns, 7 de marzo de 2018

 A DIRECTORA

Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

Achegamos tamén comunicado do Concello de Ames

  Estimados pais/nais:

Como xa sabedes o próximo xoves 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o movemento feminista co apoio de organizacións e colectivos políticos, sociais e sindicais convoca unha folga xeral das mulleres.


O funcionamento
 dos Programas de Conciliación da vida laboral e familiar (Bos Días Cole, Rede Municipal de Comedores Escolares e Tardes Divertidas) depende practicamente na súa totalidade de mulleres (rede de monitoraxe, persoal de servizos xerais, cociña) polo que NON se garante a prestación dos servizos citados durante todo o día.

 
A tal efecto informativo, atendendo os servizos mínimos, estará
 unha (1) persoa en cada un dos comedores escolares e o 20% da rede de monitoraxe da empresa concesionaria.
Agardamos a súa colaboración.

--

David Santomil Mosquera

Concelleiro de Educación e Cultura

Concello de Ames

 

Preinscrición e renovación dos servizos complementarios

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2018-2019.

 

Información do trámite de matrícula

 

Información sobre o trámite de renovación

COMEDOR ESCOLAR

 

Conta cun regulamento de funcionamento aprobado polo Pleno do Concello de Ames. O servizo denomínase “Rede Municipal de Comedores Escolares”, que se define como un servizo público que pretende facilitar aos cidadáns de Ames a conciliación da vida laboral e familiar, no eido dun proxecto educativo no que alumnado poida aprender hábitos alimenticios sans e un correcto comportamento na mesa, así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.

Premendo aquí poden acceder ao regulamento deste servizo.

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

by Dr. Radut