Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

2º Curso

Dúas actividades de 2º de primaria

  Esta montaxe recolle fotos de dúas das actividades nas que participaron os alumnos e alumnas de 2º de primaria: a visita de Anxo Moure (24 de abril) do que traballaron nas aulas o seu libro "Caramulo e a carpinteira dos soños", unha homenaxe á sabedoría das persoas que construían os xoguetes populares, e os xogos cooperativos pola Paz (30 de xaneiro).

Os alumnos de 2º despiden o curso en Marcelle

  Os alumnos e alumnas de 2º de primaria con Antonio, Jesús, Luis, Pura e Katy, pasaron un fantástico día de excursión de fin de curso visitando o Centro de Natureza de Marcelle. A visita, guiada polos monitores do parque pretende, ademáis de pasar un día divertido, sensibilizalos e motivalos a coidar e conservar a biodiversidade.


   No PDF adxunto está o mapa do recorrido polo parque e premendo nesta imaxe (da súa páxina) tedes as fichas dos animais que viron.

Cine concerto para 2º: son, música e acción no Auditorio

  Os nenos e nenas de 2º nivel acompañados polos seus titores e a mestra de música, foron ao AUDITORIO DE GALICIA e, na sala  Mozart,  presenciaron un inesquecible e fantástico CONCERTO SOBRE MÚSICA E CINE.

   Proxectáronse fragmentos de películas ao tempo que o TRÍO CASPERVEK  formado por violín, batería e piano interpretaba a música de dita película. (ver máis información da actividade no PDF adxunto)

Actuacións de Nadal dos alumnos de 2º

Os alumnos e as alumnas de 2º cantan e bailan polo Nadal nesta actuación na Biblioteca para os seus compañeiros.

"A historia extravagante de Hipo & Gavante": debuxos do concerto

O pasado 16 de marzo asistimos á representación desta obra interpretada pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

 Antes de ir ao concerto, traballamos tanto a parte musical como o conto. Entre todos fomos completando as rimas e adentrándonos na historia. Á  volta do concerto e nas  clases de plástica cos titores e titoras  de 2º nivel, fixeron  debuxos  sobre o conto. Podedes velos premendo AQUÍ  e tamén nesta imaxen .

    Esta suite sinfónica composta por Cristóbal López Gándara no ano 2014 sobre o conto de Nono Granero do mesmo título,  conta as peripecias dun Hipopótamo que, cansado de vivir no mesmo recodo do río, decide tomarse unhas vacacións no mar para cambiar de aires e onde se fai amigo dun bogavante ao que lle gusta moito o café.

    O alumnado tamén dispón do libro  ("A historia extravagante de Hipo e Gavante” ) na biblioteca do colexio para lelo ou poder levalo a casa e seguir disfrutando desta  maravillosa historia.

Os piratas de 2º

   Os piratas de 2º C de primaria estiveron quentando motores durante a semana previa para celebrar o Entroido.

"Buscando Papá Noel": canción e mural

 Dado que este curso dentro da Programación Xeral está contemplado o proxecto de centro “Proxectándonos en verde”, decidimos traballar a partir da canción Buscando Papá Noel composta por Susa Herrera a partir do conto ¡Feliz Navidad!  de Kees Moerbeek.

 Para facer todo isto, os mestres titores de 2º A, B e C e a mestra especialista en Educación Musical, traballamos o tema nas clases de música e plástica. Como motivación contamos o conto aos nenos e nenas amosándolles as imaxes e aprendemos logo a canción, que  escoitamos  e cantamos, tanto en galego como en castelán, na clase de música. Para iso vimos fragmentos de vídeos que atopamos na rede.

Así mesmo fomos adornando o noso mural, que xunto coa canción que vos cantamos é a nosa felicitación de Nadal.

 Esperamos con esta experiencia contribuír a un Nadal máis máxico e ecolóxico.

 

  Aprendemos o nome das árbores, de folla perenne e caduca que aparecen no conto e reflexionamos sobre o que debemos facer para coidar os nosos bosques. Todos participamos e recordamos o que recentemente pasou en Galicia cos incendios e elaboramos frases a modo de eslogans para que non se nos esquezan esas reflexións e aprendizaxes.

  Logo, nas clases de plástica cos nosos titores e titoras, os nenos e nenas de segundo fixeron debuxos sobre o conto. Tamén nos repartimos o traballo para facer un mural. Os alumnos/as de 2º A fixeron a Papá Noel e os gnomos, os de 2º B os adornos da árbore de Nadal que estes decoraron para Papá Noel e os de 2º C os animais que vivían nas árbores e no bosque ademais dos regalos que os gnomos axudaban a preparar a Papá Noel. 

 

Recomendacións:

 No PDF adxunto están os libros, as cancións e as ligazóns recomendadas.

  E neste outro PDF están algúns dos debuxos sobre a canción que fixeron os nenos e nenas de 2ºC.

Actividades de 2ºC

Os alumnos de 2ºC acompañados pola profesora Carmela visitaron as instalacións do colexio entre elas a aula  de Carmen onde os alumnos de 5º estaban traballando co Edixgal. Tamén participaron nun obradoiro de percusión (do que informaremos en detalle nunha próxima entrada).

Luis Vallecillo: "o mundo de carliños" cos alumnos de 2º

Os alumnos e alumnas de 2º asistiron no salón da Biblioteca a actuación do contacontos, poeta, músico e autor Luis Vallecillo  que lles presentou "o mundo de Carliños": un espectáculo no que  xunta a música e os monicreques para dar a coñecer a obra do autor homenaxeado este ano nas letras galegas: Carlos Casares…

Nos muiños de Riamonte cos alumnos de 2º

  Os alumnos e os profes de segundo de primaria da Maía foron de excursión pola ruta dos muiños de Riamonte.... Premendo no enlace anterior coa páxina do Concello tedes máis información sobre esta ruta circular duns 7 km. Unha paisaxe espectacular por un camiño de monte, entre freixos e ameneiros, con dez muíños  entre pozas e fervenzas!

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.

by Dr. Radut