Os nenos e nenas de 2º recibiron fai uns días a visita de Jacobo Fernández Serrano autor de "A pedra e as formigas", e agora queren compartir con vos este video cunha montaxe das fotos da sesión.
Animación á lectura hoxe na Biblioteca para o alumnado de segundo de primaria. Veu Pepe Maestro a contarlles contos clásicos: Juan y las habichuelas mágicas, Caperucita Roja, Juan sin miedo..
Pepe Maestro naceu en Cádiz e tras licenciarse en FiloloXía Hispánica, realiza diversos cursos que o especializan en Literatura Infantil e xuvenil. Como escritor publicou.... LER MÁIS +
Os alumnos e alumnas do Ceip A Maía plantaron un gran seto de camelias da variedade Rosalía de Castro en homenaxe á escritora no seu día. Neste video aparecen os rapaces de 2ºC de primaria plantando a árbore.
Neste collage dinámico fotos dos alumnos de 2º A cando plantaron a súa camelia.
E aquí estan todos os alumnos de 2º co seu retrato transformado a partir dunha das imaxes máis coñecidas da escritora
OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º A NO SEU RECITADO DE POEMAS SOBRE CERVANTES. Recitaron na Biblioteca do centro. Algúns viñan xa disfrazados da casa e outros vestíronse no colexio entre nervios e emoción. A profesora destes alumnos, Manoli, agradece a colaboración e implicación dos pais e nais que, con moita imaxinación, caracterizáronnos estupendamente. No escenario disfrutamos dun espectáculo cheo de sensibilidade, emotividade e non faltou a música en directo. Cecilia co seu violín e Aida e Marta cantando acompañadas das súas guitarra. Foi unha experiencia moi gratificante para todos.
Neste videorealizado polo profesor Paco Fontarigo temos unha montaxe das dúas sesións que fixeron os rapaces.
UNHA MONTAXE EN VIDEO COAS FOTOS DOS RAPACES E RAPAZAS
E PREMENDO NESTE ISSUUESTÁN OS POEMAS QUE PREPARARON PARA RECITAR