2º Curso

Alumnos de 2º sementando poemas

  O alumnado dos coles de Ames celebra as Letras Galegas sementando poemas de Manuel María polo Concello de Ames. Uns deles foron os alumnos de 2º que se achegaron ao Instituto para facer a primeira sementeira. Xa sabedes que se atopades os poemas tedes que seguir as instrucións: disfrutalos, sacarlles unha foto e enviala a este enderezo: sementandopoemas@concellodeames.gal indicando onde se fixo a foto.

 

2º A prepara un recitado de poemas relacionados con Cervantes

  Os alumnos e alumnas de 2º A de primaria están preparando un recitado de poemas relacionados coa obra "Don Quijote",  xa que este ano se conmemora o IV centenario da morte de Miguel de Cervantes. Farán dous pases o mércores día 11 na Biblioteca:  No primeiro terán como público o alumnado de 5º curso e no segundo o de 4º.

Neste ISSUU están as fotos dos traballos que os rapaces prepararon sobre os poemas que van a recitar. Premede na imaxe para velos.

 Un par de momentos dos ensaios:

2ºC na Aula da Natureza

   As alumnas e alumnos  de 2ºC, que esperaban impacientes o seu turno, visitaron  a  Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. Entre outras actividades para favorecer a sensibilización, o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas, analizaron as raices e observaron as flores das camelias. Tamén viron as coleccións de insectos. Pasárono moi ben!

RODARIRRODARI para os nenos de 2º e 1º

    Os alumnos e alumnas de 2º e tamén os de 1º asistiron na sede da fundación Abanca en Santiago á representación do espectáculo RODARIRRODARI  da compañía "Fantoches  Baj" fundada por Inacio Vilariño.

   Rodarirrodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, monicreques e acompañamento musical en directo no que, a través dos contos tradicionais de Gianni Rodari e co tranvía de Marín como medio de transporte do espectáculo, falan da domesticación dun animal como é o burro para explicar o uso e abuso das novas tecnoloxías. Premendo neste enlace  tamén podedes ver un anaco do espectáculo que fixeron noutra ocasión.

 

 

2ºA na Aula da Natureza

As alumnas e alumnos de 2ºA visitaron hoxe a Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. Os alumnos de 2ºC realizarán a mesma visita o día 16 e os de 2ºB visitárona a semana pasada como podedes ver nunha entrada anterior desta web. Entre outras actividades para favorecer a sensibilización, o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas e das flores e tamén as coleccións de insectos. Tamén lles ensinaron un herbario. Gustoulles moito e pasárono xenial!

2º B na Aula da Natureza

  As alumnas e alumnos de 2º B visitaron hoxe a Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. (As outras aulas terán a visita os días 14 e o 16). Entre outras actividades para favorecer a sensibilización cara o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas e das flores e tamén as coleccións de insectos. Pasárono moi ben!

Iago: contacontos para 2º e 1º. "Feliz feroz"


   Os alumnos e alumnas de 2º e 1º recibiron a visita de Iago, un contacontos que lles falou do libro "Feliz feroz, o lobiño riquiño" de "el hematocrítico" coas ilustracións de Alberto Vázquez.

    Reuníronse no escenario da Biblioteca e pasárono moi ben con Iago. 

    Se aínda non o lestes... comezade AQUÍ

    Sinopse do libro: "A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños… Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre".

 

Máscaras de 2º

    Os alumnos e alumnas de 2º da clase de Manoli fixeron estes antifaces con recortes de revistas.

  E os alumnos da clase de Natalia decoraron a clase e a porta con estas outras nas que tamén empregaron plumas, lazos, purpurina e papeis metalizados...

Papá e mamá axúdannos a felicitar o Nadal!

   Os alumnos e alumnas de 2º realizaron estas bolas de nadal na casa con papá e mamá a partir dunha plantilla común. Empregaron materiais moi diversos (tanto naturais como artificiais) e deron boa mostra da súa creatividade. Despois decoraron con elas o corredor do piso de abaixo do colexio.

Algúns dos autores diante das súas creacións.

Nas clases tamén fixeron estas postais para felicitar o nadal as súas familias.

Os de 2º lembraron a Xosé Neira Vilas con marcapáxinas

   Os alumnos e as alumnas das tres clases de 2º achegáronse á figura Neira Vilas, autor de "Memorias dun neno labrego" e fixeron uns marcapáxinas para homenaxear ao creador de Balbino. Puxéronos nas portas da súa clase e despois leváronos para casa.

Algúns dos traballos realizados:

A clase de 2º A con ManoliA clase de 2º B con Sandra A clase de 2º C con NataliaOs alumnos e alumnas de 2º A e B

Distribuir contido