Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Secretaría

VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

 

Poden retirar os vales na Secretaría do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 durante o mes de xullo. Tamén poderán retiralos a partir do 3 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS DE FONDO LIBROS

 

Publicadas as listas definitivas.

Pode consultar as listas definitivas na porta principal do centro ou consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadáns".

IMPORTANTE:

  • Os libros serán recollidos pola nai, pai ou titor/a legal do alumno/a e asinarán o compromiso.
  • Os libros do fondo para 3º de primaria poderán recollelos no centro o día 6 de setembro en horario de 9:00 a 14:00.
  • Os libros do fondo para 4º de primaria poderán recollelos no centro o día 7 de setembro en horario de 9:00 a 14:00. 

 

 

INSTRUCIÓNS PARA A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2017/18 PERTENCENTES AO FONDO SOLIDARIO

 

Prazo:

3º de educación primaria: mércores 20 de xuño.

4º de educación primaria: xoves 21 de xuño.

Lugar e horario de devolución:

Secretaría do centro. De 9:05 a 14:05

Condicións para a devolución:

  • Deben devolvelos os pais, nais, titores legais do alumnado.
  • Os libros teñen que estar en bo estado.
  • Forrados.
  • Sen marcas de lapis, bolígrafo, rotulador, etc.
  • É  obrigatorio retirarlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna.

 

 

Non se recollerá ningún libro que non cumpra estas condicións

Si o pai, nai ou representante legal do alumnado  o solicita, poderáselle xerar un documento de “recollida” dos libros de texto efectivamente devoltos.

 

Bertamiráns, 7 de xuño de 2018

 

A DIRECTORA

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2018/19

1.- Usuarios lexítimos:

2.- Uso do servizo por persoas distintas dos seus usuarios lexítimos:

 3.- A orde de prelación na concesión de autorizacións excepcionais no caso de insuficiencia de prazas no vehículo.

 

MOI IMPORTANTE: LER TODA A INFORMACIÓN  AQUÍ

 

Bertamiráns, 6 de xuño de 2018

A DIRECTORA

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2018/19

1.- Usuarios lexítimos:

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios

Para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2018-2019. Os usuarios lexítimos de transporte escolar que non fagan uso do transporte escolar de xeito continuado perderán dita condición de usuario lexítimo.

2.- Uso do servizo por persoas distintas dos seus usuarios lexítimos:

 Sen prexuízo do disposto no apartado 1 desta Instrución, ante a eventualidade de que haxa vehículos que conten con prazas vacantes e co obxectivo de optimizar os recursos dispoñibles, poderase autorizar o uso do servizo ao alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de ensino infantil cuxo domicilio estea situado a unha distancia, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios, do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.

Se ben este alumnado non ostenta a condición de usuario lexítimo do transporte escolar, é posible concederlle unha autorización excepcional para o seu uso, sempre que concorran os seguintes requisitos:

  Que existan prazas vacantes

Que non comporte a modificación das rutas

  Que non supoña a creación de novas paradas

Que non incremente a duración do traxecto

  Que non precise a incorporación de acompañante

 As autorizacións excepcionais serán expedidas pola Xefatura Territorial correspondente, ponderándose como circunstancias a ter en conta, discapacidades, a curta idade dos alumnos, a distancia que exista entre o domicilio do solicitante e o centro escolar, as condicións das estradas de acceso aos centros, a situación económica e familiar do alumnado etc.

As ditas autorizacións concederanse en precario, precisándose nelas o feito de que quedarán sen efecto se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferente.

3.- A orde de prelación na concesión de autorizacións excepcionais no caso de insuficiencia de prazas no vehículo.

 No caso de que o número de solicitudes de autorización excepcional para o uso de transporte escolar excedan do número de prazas vacantes nos vehículos, seguirase a seguinte prelación:

Terá prioridade en primeiro lugar os alumnos que teñan irmáns e irmás escolarizadas forzosamente no centro mentres estes permanezan nel.

 En segundo lugar, o alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de ensino infantil cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500m en zona non urbanizada (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados ou menores en idade sobre os maiores cando sexa preciso).

En terceiro lugar o alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de educación infantil escolarizado en centro distinto do que lle corresponde por área de influencia (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados ou menores en idade sobre os maiores cando sexa preciso).

 En cuarto lugar o alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de educación infantil que solicite, por causa de proximidade xeográfica, a utilización do transporte dun centro distinto daquel no que está escolarizado (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados ou menores en idade sobre os maiores cando sexa preciso).

En quinto lugar o alumnado de ensinanzas non obrigatorias (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados).

Finalmente, as persoas usuarias do programa TES+BUS.

Cando a prelación non poda establecerse pola Dirección do centro conforme á orde de preferencia anterior, porque o número de solicitantes pertencentes ao mesmo grupo exceda do número de prazas, o centro educativo formulará unha proposta numerada de candidatos ás autorizacións excepcionais ante a Xefatura Territorial que corresponda. Para este fin, confeccionará unha lista ordenada do primeiro ao último de todos os solicitantes na que, ademais de terse en conta as prioridades anteriores, valorarase as discapacidades, a idade dos alumnos, a distancia que exista entre o domicilio do solicitante e o centro escolar, as condicións das estradas de acceso aos centros e a situación económica e familiar dos alumnos. Cando como consecuencia da incorporación de novo alumnado que se produza durante o curso escolar, sexa preciso ceder a praza de transporte a un usuario lexítimo, o centro educativo que formulou a proposta orixinaria valorará de novo as solicitudes recibidas elevando á Xefatura Territorial correspondente unha nova proposta na que se distribúan as prazas sobrantes, aplicando os criterios de preferencia e ponderación recollidos neste apartado 3.

 

Bertamiráns, 6 de xuño de 2018

A DIRECTORA

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

DÍAS NON LECTIVOS NO MES DE MAIO

DÍAS NON LECTIVOS PARA MAIO

Maio

1

Día non lectivo. Día da Festa do Traballo.

10

Festivo no Concello de Ames

11

Día non lectivo solicitado polo centro

17

Día non lectivo. Día das Letras Galegas.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PROCESO DE ADMISIÓN 2018/19

Poden consultar as listaxes completas no taboleiro de anuncios do colexio.

ADMITIDOS:

Todo o alumnado solicitante dun posto escolar en 4º, 5º e 6º de educación infantil.

Todo o alumnado solicitante de un posto escolar en 1º, 2º, 3º e 5º de educación primaria.

NON ADMITIDOS:

Todo o alumnado solicitante dun posto escolar en 4º e 6º de educación primaria.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2018-2019

PROCESO  DE  ADMISIÓN    CURSO 2018-2019

INFORMACIÓN  IMPORTANTE

TODA A INFORMACIÓN AMPLIADA SOBRE OS SEGUINTES PUNTOS PREMENDO  AQUÍ

NORMATIVA

INSTRUCIÓNS da Xefatura Territorial e da Dirección Xeral de Centros.

DOCUMENTACIÓN PRECISA

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2018/19

PRAZOS DE TODO O PROCESO  DE ADMISIÓN

CALENDARIO para todo o proceso de admisión 2018-2019, cos prazos.

Calendario do proceso de admisión para o curso 2018/19

Reserva de praza

 Do 1 ao 15 de febreiro

Listaxe asignación prazas centros adscritos

 Antes do 28 de febreiro

Publicación de vacantes

1 de marzo

Presentación de solicitude de admisión

 Do 1 ao 20 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 Antes do 25 de abril (aprox. 13 abril)

Publicación de listaxes definitivas

 Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula

 Do 20 ao 30 de xuño

 Publicamos tamén o horario de atención en secretaría.

De luns a venres  de 9:05 a 14:05

ÁREA DE INFLUENCIA

CENTROS ADSCRITOS

PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO. (P.E.C.)

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 BAREMO: no caso de haber máis solicitudes que plazas

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.

Do 20 ao 30 de xuño

OUTRAS INFORMACIÓNS

 Para máis información diríxanse á Secretaría ou á Dirección do centro. Tamén poden acceder á nosa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/

 

Bertamiráns, 26 de febreiro de 2018

A DIRECTORA

Mª Isabel Abelleira Bardanca

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2018-2019 INFORMACIÓN IMPORTANTE

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2018-2019

INFORMACIÓN IMPORTANTE

NORMATIVA:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro, publicado no DOG do 26 de decembro de 2012, que regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2ºciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013

INSTRUCIÓNS da Xefatura Territorial e da Dirección Xeral de Centros

 OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

Xunto con este resume da lexislación sobre o proceso de admisión, publicamos a relación de postos escolares ofertados segundo a normativa vixente ao respecto.

PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2018/19

NIVEL EDUCATIVO

PRAZAS

PERMANENCIAS

VACANTES

4º EDUC. INFANTIL

75

 

66+9*

5º EDUC. INFANTIL

75

51

24

6º EDUC. INFANTIL

75

68

7

1º EDUC. PRIMARIA

75

72

3*

2º EDUC. PRIMARIA

75

66

9

3º EDUC. PRIMARIA

75

70

5

4º EDUC. PRIMARIA

75

75

0

5º EDUC. PRIMARIA

75

73

2

6º EDUC. PRIMARIA

75

75

0

*No nivel de 4º de Ed. Infantil quedan reservadas 3 prazas por aula para alumnado de NEE; en 1º de Ed. Primaria quedan reservadas as 3 dispoñibles.

 

 PRAZOS.

CALENDARIO Publicamos o calendario establecido para todo o proceso de admisión 2018-2019, no que figuran os diferentes prazos.

Calendario do proceso de admisión para o curso 2018/19

Reserva de praza

 Do 1 ao 15 de febreiro

Listaxe asignación prazas centros adscritos

 Antes do 28 de febreiro

Publicación de vacantes

1 de marzo

Presentación de solicitude de admisión

 Do 1 ao 20 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 Antes do 25 de abril (aprox. 13 abril)

Publicación de listaxes definitivas

 Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula

 Do 20 ao 30 de xuño

 

 Publicamos tamén o horario de atención en secretaría.

De luns a venres  de 9:05 a 14:05

ÁREA DE INFLUENCIA

Publícase a zona de influencia deste centro, coa relación de rúas e de lugares incluídos. Xúntanse os mapas correspondentes.

CENTROS ADSCRITOS:

  Os centros adscritos a este centro son: EEI de Covas, que comparte adscripción co CEIP de BAROUTA.

 Así mesmo, o Ceip A Maía está adscrito a IESP de Ames

 

PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO. (P.E.C.)

Pódese consultar o PEC (Proxecto Educativo de Centro) do CEIP A Maía, así como outros documentos de funcionamento do centro, a través da nosa páxina web oficial: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/

SÍNTESE DO PROXECTO EDUCATIVO DO CEIP A MAÍA

§  O CEIP A Maía é un dos centros públicos do concello de Ames, as rúas da súa área de influencia son as seguintes:

Acacias

O Bosque

Agriña

Paraxe do Porto

A Mina

Pedregal

Avda. Mahía

Poeta da Mahía

Avda. da Peregrina

Praza da Mahía

Camiño Novo

Pza de Chavián

Castrigo

Rosaleda

J. L. Azcárraga

Rueiro

Lodeiro

Travesía Peregrina

O Casaliño

Travesía Pedregal

Xesteira

Telleira

Fieira

Fragua

Cantalarrana

Travesía de Fontaldeiro

Carballido

Seixabre

Praza de Horta de Abaixo

Praza de Horta de Arriba

 

 

§  O horario lectivo é en sesión única de mañá para todo o alumnado de infantil e primaria de 9:05h a 14:05h.

 

§  É o 3º centro máis grande da provincia de A Coruña. Está catalogado como liña tres, funcionando con 3 cursos por nivel, dende 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria, cun total de 27 aulas.

§  É un centro aconfesional. A posición de todo o persoal do centro é de absoluto respecto ás crenzas de cada persoa.

§  Ideoloxicamente é pluralista, sobre todo, nos aspectos políticos e relixiosos.
Facilitámoslle aos pais/nais e alumnado información obxectiva, coa finalidade de que progresivamente poidan formar os seus propios criterios e tomar decisións responsables.

§  En relación á lingua de aprendizaxe  en educación infantil o profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado e terán en conta a lingua do contorno. Faise así mesmo unha aproximación a unha lingua estranxeira en situacións habituais de comunicación.

§  Formulamos os obxectivos centrándonos nos ámbitos: educativo, curricular,  a transversalidade, a atención á diversidade e a convivencia. 

§  Priorizamos como obxectivo o sistema de valores.

§  Impulsamos as novas tecnoloxías poñendo en práctica o Plan TIC no que se inclúe o Proxecto Abalar, que durante este curso se está desenvolvendo nas aulas de 5º e 6º de educación primaria.

§  Todas as aulas están dotadas con pizarra dixital, canón de proxección e conexión a internet.

§  A coeducación neste centro supón entre outros compromisos, orientar a actividade cara unha educación para a igualdade entre sexos. O noso proxecto educativo tende a evitar calquera tipo de discriminación por razón de sexo entre o alumnado, tanto na convivencia como nas actividades programadas e mesmo entre o profesorado e demais persoal.

§  O modelo de xestión desenvólvese no marco de participación, autonomía e goberno dos centros establecido pola Lei.

§  Valoramos o traballo en equipo e por tanto levamos a cabo proxectos consensuados, estando sempre abertos á crítica constructiva que serve de reflexión para mellorar e contribúe ao enriquecemento do Centro.
Nesta colaboración estamos implicados Centro, ANPA, Concello e outros  centros do concello.

o   Servizo de Bos Días Cole a partir das 7,30h da mañá e Tardes Divertidas despois do comedor, ámbalas dúas xestionadas polo Concello.

o   Servizo de Biblioteca Escolar ofertado polo Centro todas as tardes de 16:30h a 18:30h.

o   Actividades Extraescolares organizadas pola ANPA.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PÓDESE CONSULTAR O P.E.C. COMPLETO EN SECRETARÍA

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS

 Este centro oferta os seguintes servizos complementarios:

SERVIZO

ORGANISMO DE QUEN DEPENDE

Transporte

CEIP A Maía

Comedor

Concello de Ames

Bos días cole

Concello de Ames

Tardes Divertidas

Concello de Ames

Actividades extraescolares

ANPA, Concello de Ames e CEIP A Maía

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

1.- As solicitudes axustaranse ao modelo oficial, Anexo II Debe cumprimentarse axeitadamente na súa totalidade. Asinarán o pai e a nai ou os titores legais correspondentes.

2.- Impreso (ANEXO II): será facilitado gratuitamente nos centros docentes. Poderase descargar desde a páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/

 3.- Presentarase unha única solicitude, dirixida á dirección do centro. Poderase realizar a solicitude a través da aplicación informática: “admisiónalumnado” www.edu.xunta.es/admisionalumnado  En todo caso recomendamos que se informen debidamente na secretaría ou na dirección do centro.

4.- A solicitude presentarase no centro que se solicite en 1º lugar. Nela poderán relacionarse outros seis centros, por orde de preferencia.

5.- Na columna “puntuación” da solicitude (Anexo II) os solicitantes cubrirán os datos numéricos con claridade, poñendo un “0” onde non haxa puntuación. Posteriormente deberán acreditar este baremo coa documentación pertinente.

6.- Os Centros expedirán unha copia selada e con data de entrega por cada solicitude presentada.

 7.- Prazo de solicitudes. Desde o 1 de marzo ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive.

8.- Solicitudes fóra de prazo. As solicitudes presentadas fóra de prazo perderán prioridade en relación coas presentadas no prazo establecido e serán remitidas á comisión de escolarización.

 9.- Alumnado con Necesidades Educativas Específicas. Na solicitude os pais, nais ou titores legais deberán manifestar se optan a unha praza para alumnado con necesidades educativas específicas, achegando, se fora o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

 10 .- Documentación acreditativa dos criterios alegados. Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

 

  • Impresos de solicitude Anexo II
  • Copia DNI dos pais do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar (no caso de que deneguen a comprobación de datos).
  • Copia do libro de familia.
  • Tarxeta sanitaria
  • Folla de empadronamento de toda a unidade familiar
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
  • Condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede
  • Xustificantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/a, se é o caso. 

Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.

 BAREMO:

Cando finalice o prazo de presentación de solicitudes, se a demanda supera a oferta de prazas, abrirase un prazo para que se presente a documentación xustificativa dos méritos alegados. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

1.- Documentación acreditativa dos criterios de puntuación alegados:

Domicilio: (Certificación de domicilio familiar expedida polo Concello de Ames con un ano de antigüidade)

Criterios de: Traballo, discapacidade... (Documentos acreditativos)

Irmáns no centro: Certificación da secretaría do centro.

Criterio do centro: 1 punto por solicitar admisión en centro público, en 1º lugar.

 

 2.- Datos referidos á renda. Cando se solicite puntuación por renda deberán valorar o seguinte: Suma das casiñas 380 e 395 da declaración de 2016, dividida entre o número de membros da unidade familiar a 28-2-2018.

 

Año

IPREM
Mensual

IPREM Anual
(12 pagas)

IPREM Anual
(14 pagas)

2016

532,51 €

6.390,13 €

7.455,14 €

http://www.irpf.eu/iprem.html

 

 3.- Empate na puntuación En caso de empate na puntuación aplicaranse sucesivamente os criterios de desempate establecidos no art. 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.

PUNTUACIÓN BAREMO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018/19

1.- Criterio  proximidade   do domicilio familiar ou proximidade do lugar de traballo (SON EXCLUÍNTES)

a)   

Proximidade do domicilio familiar:

 1º. Se se atopa na área de influencia do centro: 6 puntos.

2º. Se se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.

b)   

Proximidade do lugar de traballo:

 1º. Se está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.

 2º. Se está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

 

2.- Criterio renda anual per cápita da unidade familiar (DEBEN AUTORIZAR A CONSULTA DE DATOS)

 

De non formularse esta autorización, a solicitude valorarase con 0 puntos neste criterio de admisión.

A valoración da renda anual per cápita da unidade familiar realizarase con referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao exercicio fiscal ao que se refire o punto 1 deste artigo, coa seguinte escala:

 

O Iprem será de 6390,13 €

 

a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: Inferior a 3.195,06 € 3 puntos

b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: Entre 3.195,06 € e 4.792,60 € 2 puntos

c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: Entre 4.792,60 € e 6390,13 € 1 punto

d) Se é igual ou superior ao IPREM: Superior a 6390,13 € 0 puntos

 

 

 3.- criterio de condición de familia numerosa

a) Por pertencer a familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.

b) Por pertenza a familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.

 

4.- criterio da condición de familia monoparental

 

Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.  A valoración deste criterio é de 2 puntos.

 

 

5.- criterio de discapacidade

 

a) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.

b) Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.

c) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.

 

6.- criterio complementario aprobado polos centros

 

Por solicitar en 1º lugar un centro público: 1 punto

 

 

Puntuación total e criterios de desempate

 

1.       

A puntuación total acadada conforme os criterios e valoración establecidos nos artigos precedentes decidirá a orde de admisión.

 

2.       

No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos referidos criterios atendendo a seguinte orde de prelación:

 

 

 a) Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro.

 b) Nai, pai ou titoras/es que traballen no centro.

 c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo de nai, pai ou tito‑ ras/es.

 d) Renda anual per cápita da unidade familiar.

 e) Condición de familia numerosa.

 f) Condición de familia monoparental.

 g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, na nai, pai ou titoras/es ou nalgunha/un irmá ou irmán.

h) Expediente académico do alumnado, no seu caso.

 

i) Criterio establecido polo centro educativo.

4.- Comisión de escolarización: Se o número de solicitudes fora maior que a oferta de prazas, os centros remitirán estas solicitudes á Comisión de Escolarización.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.

 O alumnado admitido en cada centro educativo formalizará a súa matrícula empregando o modelo Anexo III no prazo seguinte: Do 20 ao 30 de xuño

OUTRAS INFORMACIÓNS

 Para máis información diríxanse á Secretaría ou á Dirección do centro. Tamén poden acceder á nosa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/

 

Bertamiráns, 26 de febreiro de 2018

 

A DIRECTORA

 

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

LISTAXES DEFINITIVAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

Con data de 19/07/2017 publícanse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO e MATERIAL ESCOLAR, así como as listaxes  para FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

As listas están expostas na porta principal do CEIP.

 Os vales para libros e material poden recollerse na secretaría do centro dende o luns 24 de xullo até o 31 de xullo; ou a partir de setembro.

Os libros do fondo recolleranse no centro a partir do luns 4 de setembro.

Para calquera aclaración ou dúbida poden poñerse en contacto coa secretaría do centro nos teléfonos 881866002 e no 881866006.

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

by Dr. Radut